Temas: TRáFICO

A néboa volve causar problemas na A-8 entre Mondoñedo e Abadín

A velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora para evitar colisión entre veículos.

Por E.P. | LUGO | 17/01/2017 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

A néboa dificulta na mañá deste martes a circulación na autovía A-8 entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, polo que a velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora.

Néboa na A8, o que provocou un grave accidente en xullo de 2014
Néboa na A8, o que provocou un grave accidente en xullo de 2014

Así o indicaron a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), que concretaron que dende as 7,30 horas deste martes hai nivel amarelo por néboa, polo que a condución está condicionada na zona do Alto do Fiouco.

En concreto, a visibilidade reducida a causa da néboa condiciona a circulación na A-8 entre os quilómetros 536 e 552, ao seu paso polos municipios de Abadín e Mondoñedo.

O tramo desta autovía que une Mondoñedo e Abadín provocou dende a súa entrada en funcionamento diversos problemas pola formación de néboas, como un accidente múltiple en xullo de 2014 que se cobrou a vida dunha persoa.

Temas: TRáFICO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta