Ábrese a sucesión na RAG tras anunciar Alonso Montero que non repetirá como presidente

Henrique Monteagudo aposta por unha candidatura de consenso para a RAG pero chama a esperar ao último pleno para barallar nomes. Entre os posibles candidatos, Margarita Ledo, Rosario Álvarez, Víctor Freixanes ou Manuel González.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/02/2017 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega ( RAG) elixirá novo presidente o vindeiro 20 de abril tras a decisión de Xesús Alonso Montero de non repetir no cargo. Unha situación que abre a sucesión dentro deste órgano e que os seus integrantes agardan que sexa menos traumático do que aconteceu en 2013.

Alonso Montero e Manuel González enfrontáronse pola Presidencia da RAG en 2013
Alonso Montero e Manuel González enfrontáronse pola Presidencia da RAG en 2013 | Fonte: RAG

Por iso, o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, apostou por constituír "unha única candidatura que recolla as distintas sensibilidades que hai dentro do pleno"para á substitución do actual presidente da institución, Xesús Alonso Montero; e, en todo caso, chamou a esperar á celebración do último pleno, a mediados de marzo, para barallar nomes.

En declaracións a Europa Press tras participar no acto de presentación do proxecto 'Primavera das Letras' deste ano, no CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra), o propio Alonso Montero ratificou que non se presenta á reelección, co que será presidente da Academia ata o próximo 20 de abril.

Neste contexto, ao ser cuestionado sobre posibles candidatos e cambios na directiva, mantivo que os membros do pleno non están a falar diso nin el ten "a menor noticia sobre alguén que se perfile", ao que engadiu que polo seu actual cargo é "a persoa menos indicada para falar deste asunto".

Pola súa banda, Monteagudo trasladou a Europa Press que a institución está aínda nunha fase "preliminar" deste proceso de substitución, e, aínda que recoñeceu que a directiva actual "está a traballar" para constituír unha candidatura de consenso, asegurou que os posibles candidatos mencionados ata o momento responden a "pura elucubración, non ten fundamento".

Posibles candidatos

Tal e como sinalou, aínda que se fala de "perfís" para a Presidencia, non hai ningún candidato preferido: "Se é unha muller, será unha das que están na directiva, Margarita Ledo, Rosario Álvarez...; no ámbito da lingua temos moitos; alguén que comunique á sociedade, Víctor Freixanes; e persoas que xa se --postularon--, Manuel González".

"Hai catro ou cinco nomees que se lle ocorren a calquera, pero que agora mesmo sería un atrevemento" confirmar, segundo remarcou, antes de insistir en que será tras o último pleno da directiva, a mediados de marzo, cando "se abrirá un período de tres-catro semanas ata a elección, no que haberá que barallar nomes de forma moito máis concreta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Chueca Mola

O que hai que facer coa RAG é por a Marilar Aleixandre de presidenta e a Fernán Vello de tesoureuro. Tamén hai que integrala na RAE, e no Cervantes, Unidas podemos.

3 Teis

Que presida uma pessoa com apelidos não deturpados. E se possível, que fale galego

2 Eu mesmo

En marcha a operación mareados.03, coa casta académica á cabeza!!!

1 Sesta do vello

Os dous últimos presidentes de AGE foron un peor que o outro. Montero fixo bo a Ferrin. A ver se agora non se enrocan no seu rancio resisencialismo piñeirista.

1 comunista independentista

Non é por nada, pero os académicos da RAG que abrazan o "resistencialismo piñeirista" son case todos próximos ao Bloque. Infórmese ben antes de "comentar".

2 Chofer de Viyares

Jajajaja como arrasas chovi son proximos ao Bloque igual que ti es comunista independendista non te fastidia