Nova guerra de baixa intensidade na RAG

Xosé Luís Axeitos di que a Academia está "secuestrada" e "pouco democratizada". Montero opta por gardar "silencio estrito".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/03/2017 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

"A RAG está secuestrada e pouco democratizada". Esa opinión non é de calquera, é, precisamente, dun académico e ex secretario deste organismo, Xosé Luís Axeitos, que disparou directamente contra o seu actual presidente, Xesús Alonso Montero, e contra a súa directiva.

Alonso Montero e Manuel González
Alonso Montero e Manuel González | Fonte: RAG

Unhas críticas que chegan a pouco máis dun mes para que se teña que elixir novo presidente e que inician unha nova guerra de baixa intensidade dentro da RAG. Axeitos considera que a institución perdeu vigor democrático no últimos catro anos e que Alonso Montero é un home de palla. Unha crítica que se suma a quen sosteñen que a actual directiva da Real Academia non fai da defensa do galego algo habitual.

Alonso Montero non quixo entrar nesta nova batalla e optou por gardar "silencio estrito". "Por respecto á institución", non quixo entrar a valorar as declaracións de Axeitos. A preguntas dos xornalistas, tras participar nun acto na sede da RAG na Coruña, Alonso Montero preferiu gardar silencio e non valorar ningunha declaración, nin esta nin doutro tipo, ata a celebración do último plenario da actual comisión executiva, porque sería "unha falta de respecto á institución e ao resto de compañeiros".

Alonso Montero deixará o cargo

Alonso Montero xa anunciou que "por razóns persoais" non se presentará á reelección e deixará a presidencia o día 20 de abril. Un mes antes, a mediados de marzo, está previsto que se celebre o último plenario da actual comisión executiva, tras o que se abrirá un proceso para a elección dunha nova presidencia.

"Mentres non se celebre ese plenario no que se anunciará oficialmente ao resto de académicos cal vai ser a nova situación da academia, sería unha falta de respecto aos actuais compañeiros do plenario empezar a facer cábalas e consideracións sobre puntos que non teñen moito que ver coa institución", respondeu ao ser preguntado polas palabras do que foi secretario da Academia cando a presidencia a ostentaba Xosé Luís Méndez Ferrín.

Alonso Montero insistiu en que, "por respecto á institución", nin el nin ningún outro membro da actual executiva "fará declaracións de ningún tipo, e menos declaracións sobre declaracións" antes da celebración do último plenario, que se celebrará a mediados deste mes de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 ixtlan

O titular do artigo é francamente mellorable. Os comentarios, de novo, irrelevantes. Se fose calquera institución española ou portuguesa, o tratamento, tanto dentro coma fóra do seu país, sería moto máis positivo e respectuoso. A crise económica da Iberia reflíctese tamén en crise de valores dos cidadáns, que en vez de construír practican a destrución e a negatividade, sexa de alta ou baixa intensidade. Lamentablemente, o maior inimigo de Galicia e do galego está dentro, non fóra.

1 Nefelibata

O teu é un chiste, non? Pero ti coñeces algo da traxectoria destes? Que fan? A que se dedican? Estes e outros de cuxo nome non quero acordarme foron os responsables desta norma que nos illa da lusofonía e que non serviu para acadar prestixio entre os propios falantes de galego que a consideran totalmente allea a eles. Facédeme o favor de non me sacar a falar... A min e a moitos. Que es familiar ou amigo dalgún dos membros da insigne institución? Home o prestixio gáñase co traballo diario e aínda que se autodisolvesen non iamos perder nada de grande interese. Fixo máis Carvalho Calero só que todos estes e o resto dos compis na súa vida. E se queres discutilo discutímolo. Polo ano Carvalho Calero!

5 la imposizom

Podendo utilizar a gramática portuguesa queremos a RAG pra que?

1 Isolde

Eis a pergunta correta :)

2 Nefelibata

Ou cando menos que permitan usala, fomenten a escrita de libros en Galicia nunha norma de consenso claramente lusista e lle dediquen o Día das Letras Galegas a Carvalho Calero... Non sabedes o que tiven que escoitar sobre don Ricardo da boquiña do actual presidente. Eu escribo na actual norma, como vedes, pero estou con vós. Cómpre sacar o ano Carvalho Calero paralelo, xa que é improbable que lle adiquen o máis que merecido Día das Letras. Se eles non queren homenaxear a Don Ricardo, fagámolo nós. Deixémonos de discusións estériles, que son o seu terreo, e vaiamos ao práctico: convencer á cidadanía das vantaxes da lusofonía. Ano Carvalho Calero xa!

3 Nefelibata

Pero cómpre ter sentidiño tamén dende os que buscades o achegamento á norma e practicar o lusismo, non o petismo (escribo coma me peta). http://www.sermosgaliza.gal/opinion...

4 Marealar Alejandro

Por unha Academia libre de mareados, Quitade as vosas sucias man da RAG. Fora anovados e comunistas españois, ide a rañala a casa da collona,

1 Argimiro

Unha elegante argumentación

2 Nefelibata

Totalmente inapropiada. Tes razon. Para min q tomou exemplo dalgun comentario dirixido contra os q eles chaman upegallos e upegallas Por certo magoa q n RAG non se acordaran de Agustin Fernandez Paz por exemplo e nin sequera ata onde eu sei lle fixeran unha homenaxe. Ultimamente coma xa se observou xiraba todo arredor de mareantes. A pulso esta institucion gañou a sua impopularidade que de non cambiar o rumbo non variara.

3 Gamela

Máis alá das liortas do EGOS desta xentiña tan "ilustre" non parece moi elegante morder a man que lle deu de comer, especialmente cando queda apenas un mes para que abandone o cargo de Presidente... http://academia.gal/plenario?p_p_id... Con xente así... non temos futuro!

1 Gamela

Sempre terá que abrir a boca o máis aparvado da Congregación? http://academia.gal/plenario

2 Fixeron bo a Ferring

Mira en que converteu AGE Marea a Academia neste chiringo que non fai nada. Que collan a banderita española de Montero e que polo menos vaian a algunha manifestacion que xa se viu que non andan sobrados de xente

1 faran bó a Filgueira Valverde

So lhes falta manifestarse contra a imposicion del gayego.

2 Nefelibata

Évos o que hai... Eu voto porque se autodisolvan... total para o que fan. Que peniña de terra a nosa!!!!