Nova guerra de baixa intensidade na RAG

Xosé Luís Axeitos di que a Academia está "secuestrada" e "pouco democratizada". Montero opta por gardar "silencio estrito".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/03/2017 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

"A RAG está secuestrada e pouco democratizada". Esa opinión non é de calquera, é, precisamente, dun académico e ex secretario deste organismo, Xosé Luís Axeitos, que disparou directamente contra o seu actual presidente, Xesús Alonso Montero, e contra a súa directiva.

Alonso Montero e Manuel González
Alonso Montero e Manuel González | Fonte: RAG

Unhas críticas que chegan a pouco máis dun mes para que se teña que elixir novo presidente e que inician unha nova guerra de baixa intensidade dentro da RAG. Axeitos considera que a institución perdeu vigor democrático no últimos catro anos e que Alonso Montero é un home de palla. Unha crítica que se suma a quen sosteñen que a actual directiva da Real Academia non fai da defensa do galego algo habitual.

Alonso Montero non quixo entrar nesta nova batalla e optou por gardar "silencio estrito". "Por respecto á institución", non quixo entrar a valorar as declaracións de Axeitos. A preguntas dos xornalistas, tras participar nun acto na sede da RAG na Coruña, Alonso Montero preferiu gardar silencio e non valorar ningunha declaración, nin esta nin doutro tipo, ata a celebración do último plenario da actual comisión executiva, porque sería "unha falta de respecto á institución e ao resto de compañeiros".

Alonso Montero deixará o cargo

Alonso Montero xa anunciou que "por razóns persoais" non se presentará á reelección e deixará a presidencia o día 20 de abril. Un mes antes, a mediados de marzo, está previsto que se celebre o último plenario da actual comisión executiva, tras o que se abrirá un proceso para a elección dunha nova presidencia.

"Mentres non se celebre ese plenario no que se anunciará oficialmente ao resto de académicos cal vai ser a nova situación da academia, sería unha falta de respecto aos actuais compañeiros do plenario empezar a facer cábalas e consideracións sobre puntos que non teñen moito que ver coa institución", respondeu ao ser preguntado polas palabras do que foi secretario da Academia cando a presidencia a ostentaba Xosé Luís Méndez Ferrín.

Alonso Montero insistiu en que, "por respecto á institución", nin el nin ningún outro membro da actual executiva "fará declaracións de ningún tipo, e menos declaracións sobre declaracións" antes da celebración do último plenario, que se celebrará a mediados deste mes de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 Bufffff

¿Y qué valor pueden tener las palabras de Axeitos si fue acusado por Alonso Montero en Vía V de cobrar unos mil euros al mes sin conocimiento de la Academia ni del tesorero mientras ejerció como secretario con Ferrín, en aquella directiva que dimitió envuelta en acusaciones de nepotismo?