Felipe González foi un esquirol, segundo Beiras

O líder de Anova anima aos dirixentes de En Marea a facerse "cargo do asunto" sen mentores. Di que abandonou o BNG porque "perdera a súa metodoloxía inclusiva" e que "se lanzou á piscina" con Anova en 2012.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, criticou duramente ao expresidente do Goberno Felipe González, ao que cualificou de "esquirol". "Nos anos setenta houbo unha traizón fodida no espazo antifranquista, eu coñecía persoalmente a Felipe González e, realmente foi un esquirol", dixo.

Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa  Press xaneiro de 2016
Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa Press xaneiro de 2016 | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka, Beiras cargou contra a actitude de Felipe González entón, pero sobre todo, agora. "O que acaba de facer agora xa é moito máis grave pero vai na liña do que foi nos anos 70", dixo en referencia ao seu apoio á abstención do PSOE para facilitar o goberno ao PP.

Ademais o seu papel político, Beiras comentou con Pablo Iglesias varias anécdotas da súa vida. Así, desvelou, entre outras cuestións, que tras pagar as multas de varios estudantes por unhas folgas nos anos 70, o único que non lle devolveu o diñeiro foi o actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen por aquel entón, segundo indicou, acabaría militando no Partido Comunista.

Novas xeracións

Durante a entrevista, animou aos líderes de En Marea a facerse "cargo do asunto" e sen mentores durante unha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka.

"Eu dígollo agora á xente que ten trinta e moitos ou corenta e poucos anos en Galicia, das mareas, da propia Anova ou de Podemos Galicia. É hora de que vos fagades cargo do asunto porque á miña xeración, cando tiñamos esa idade, tocounos non só non ter ningún mentor, senón que os mentores que tiñamos traizoárannos", manifestou Xosé Manuel Beiras.

O histórico dirixente nacionalista pronunciouse deste xeito nunha entrevista na que repasa a súa biografía política, con especial incidencia no seu papel na construción do que foi Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en 2012 e a posterior creación do proceso de unidade popular que deriva en En Marea. Ademais, ten lugar antes de que o vindeiro sábado, día 18 de marzo, Anova celebre o seu III Asemblea Nacional da que sairá unha substitución xeracional.

Na súa intervención, Beiras asegura que "tiña moi claro que o problema do BNG" é que "perdera a súa metodoloxía inclusiva". "Porque o éxito do BNG dos anos 80 e 90 foi que era absolutamente inclusivo e tiña un discurso en que todo o mundo das clases populares sentía integrado", sinalado.

Tras iso, lembrou que, unha vez nada Anova, no seu discurso con motivo do Día da Patria en xullo de 2012 lanzouse "á piscina para saber se hai auga". "Digo que é necesario traspasar as fronteiras", indicou en relación ao proceso de diálogo que acabaría na creación de AGE xunto a Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

12 inflan

Esta sección de comentarios é útil para saber das frustracións, fobias e obsesións dunha parte dos lectores. En absoluto serve para un diálogo intelixente, pero como cloaca mental non hai mellor exemplo nin mostra.

1 Kollontai luguesa

Concordo contigo... Eu ás veces tómoo con humor... Quero crer que existe algo máis alá na esquerda galega, pero resúltame difícil. De todos os xeitos, ten coidado, pensa que hai moita xente empeñada en minifundizar aínda máis á esquerda galega... E saben moi ben como facelo.

11 ex beirista

senor beiras xa esta ben de traballar para o españolismo, A ver se se centra e non estraga a súa traxectoria porque estos ultimos anos seus dan pena.

10 nostrus

Felipe Gonzalez es un hombre con sus aciertos y sus errores, pero desde luego es un hombre de estado, muy al contrario de Beiras que solo es un renegado que excluye a la inmensa mayoria de compatriotas porque piensa que asi es mejor gallego. Beiras es un ser vomitivo que a lo sumo produce lástima y que para pasar un psicotecnico necesitaria un psicólogo amigo, cosa que dudo que tenga, porque no creo que Beiras pueda tener amigos; tendrá compinches o cómplices que sean de su misma calaña, pero no creo que pueda tener amigos

1 serena butler

Felipe Gonzale no seu gobernó organizaronse todo tipo de crimes, secuestros e asasinatos, o roubo era o mais normal (cousa dos pe$oistas expañolentos) roubaba ata o da garda civil, a salanueva o irmao do guerra, o xefe do banco de expaña o rubio que tiña a mao negra... -Vieiras ven de todo ese mundillo da socialina, Felipe e un de medio pelo, non ten nada de socialista e un KENEDY un paiaso miserabel deses, presume de intelectual, e a dereita civilizada nos tempos de fragandron e asnar, namentras o marijuano non e mais cun triste miserabel... -Vieiras non dixo mais que mentiras enganou a moitos incluso a palleiro & rico... agora a un o apoian os satánicos capitalistas expañolentos e o ladroecio plutocraitco e o outro non e mais cun lacaio de podreiros!

2 nostrus

serénate butler, certo que con Felipe houbo moitos males e non é o mellor exemplo de boas practicas, pero polo menos era un home de estado con desacertos e boas intencions, pero Beiras tan só é un pobre resentido que non lle importaria facerlle mal aos españoles e o que quedou do bloque non é mellor ca el. O RNG é a reencarnacion da maldade, non pasa de ser unha secta con intencions tóxicas que aspira a convertir aos galegos nunha tribu prehistorica sin capacidade individual de decision e sumisos aos seus lideres. Nacionalismos NON, en ningunha das suas facianas.

3 Kollontai luguesa

Alegrémonos, Nostrus acaba de ter unha revelación e predica a súa verdade... Ai va, isto xa pasou máis veces, non? Parabéns, pola hierofanía, ti que vives por riba do ben, do mal e das tribos. Por certo, ti coma non es, segundo ti nacionalista, serás anarquista, non? Ou es dos que ven o nacionalismo nos outros e en ti non? A ver se se che revela na próxima hierofanía, pero mellor non nolo comentes... O teu estilo de redacción é vulgar e os teus argumentos non pasan de simplismos e descualificación.

9 republica galega xa

votar -Vieiras podreiras e meter o PP no gobernó... -Vieiras meteu o pp no gobernó todalas veces e o traballador secredo do PP na Galiza, que ninguen espere nada namentras estes elementos estén pululando! son expañolentos! son constitucionalistas defenden a unidade de expaña! non son ninguen e non lle interesan a ninguen.

8 Mateo Morral

Pues si Felipe fue un esquirol........de qué palo sales tú? que lo mismo te dá que te dá lo mismo!