Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/03/2017 | Actualizada ás 18:43
Así, na biblioteca do Pazo do Hórreo os cativos puideron ver en primicia o vídeo dos Bolechas onde se explica que é o Parlamento e como funciona a democracia en Galicia.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, sacou peito ante os contidos lanzados pola Cámar. Os Bolechas, os debuxos de Pepe Carreiro que edita Bolanda, son os protagonistas, dada a súa enorme popularidade entre os máis novos.
O Parlamento aproveitou a visita deste mediodía para divulgar o programa de visitas guiadas á sede do Poder Lexislativo. Nelas, os cativos recibirán explicacións sobre o funcionamento do Lexislativo autonómico.
“Entrastes pola porta que só se abre cando veñen personalidades importantes”, díxolle o presidente da Cámara á rapazada antes de agradecer o labor dos mestres e mestras e animar a cativada a estudar, e tamén a facer unha vida sa e practicar deporte.
“Os Bolechas van ao Parlamento”
A nova proposta dos Bolechas inclúe un vídeo e unha guía didáctica con información básica relacionada co Parlamento de Galicia “especialmente dirixida ao profesorado, aínda que tamén é moi útil para traballar na contorna familiar”.
Ambos os dous materiais preséntanse nun soporte dixital que será enviado a todos os centros educativos de Galicia, aínda que o material está dispoñible tamén nunha sección especial da web do Parlamento “xunto cos outros contidos interactivos (xogos, debuxos…) deseñados para familiarizar os nenos e as nenas coa institución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.