Temas: JOSé COUSO

O Constitucional admite a trámite o recurso da familia de José Couso contra o arquivo da investigación

O Tribunal revisará a última reforma da Lei de Xustiza Universal de 2014 que acabou coa posibilidade de perseguir xudicialmente desde España delitos internacionais como crimes de guerra cometidos contra españois no estranxeiro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/05/2017 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O Tribunal Constitucional (TC) admitiu a trámite o recurso de amparo presentado polos familiares do cámara José Couso, asasinado en abril de 2003 en Iraq polo Exército de Estados Unidos, contra o sobresemento da investigación por parte do Tribunal Supremo o pasado mes de outubro.

José Couso en Iraq
José Couso en Iraq

Segundo informan fontes xurídicas, a Sala Segunda do alto tribunal admitiu os recursos presentados pola familia do operador de cámara e pola Asociación Libre de Avogados e revisará a última reforma da Lei de Xustiza Universal de 2014 que acabou coa posibilidade de perseguir xudicialmente desde España delitos internacionais como crimes de guerra cometidos contra españois no estranxeiro.

O fallo precisa que se examinará o recurso de amparo ante a "posible vulneración do dereito fundamental que se denuncia" despois de que a Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo arquivasen a causa e rexeitasen presentar cuestión de inconstitucionalidade contra a última reforma da xustiza universal aprobada en solitario polo Partido Popular.

A Sala do Penal lembrou no fallo que só se poden promover cuestións de inconstitucionalidade cando consideren que unha norma con rango de lei aplicable ao proceso poida ser contraria á Constitución, non entanto si se pronunciou sobre a morte do cámara asegurando que se tratou dun "ataque non xustificado por parte da forza armada á poboación civil".

Temas: JOSé COUSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta