Temas: COMUNISMO

Reactualizando a revolución Bolxevique cen anos despois

O Partido Comunista celebra este sábado en Ourense a súa festa anual cunha mesa sobre os cen anos da revolta liderada por Lenin en Moscova na que participará Alonso Montero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2017 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O Partido Comunista de Galicia celebrará este sábado, na cidade de Ourense, a súa tradicional festa anual, un encontro que comezará ás 11,00 horas cunha benvida poética a cargo dun grupo musical.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

Segundo informou a formación, dentro das actividades desta xornada incluiranse varias mesas de debate, que comezarán ás 11,45 horas con 'A igualdade e a mercantilización dos corpos das mulleres: Prostitución e ventres de alugueiro'.

A continuación, ás 13,15 horas, os presentes debaterán sobre a 'Solidariedade e soberanía dos pobos ante o golpismo imperialista", nunha mesa que contará coa participación do responsable de Relacións Internacionais do PCE, Manu Pineda.

Ás 17,30 horas, o presidente de honra do PCG, Xesús Alonso Montero, participará nunha mesa con membros da Xuventude Comunista sobre o '100 aniversario da Revolución Bolxevique'. A xornada concluirá ás 20,00 horas cun mitin.

Temas: COMUNISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

2 Ourensan

Conociendo lo que fue el comunismo en todo lugar donde okupó el poder, cualquiera sale a la calle en Orense este fin de semana. Esperemos que la Policía los tenga bien controlados

1 A loita continúa!

Os fascistas, cans dos caciques, nunca quixéchedes comunistas en Ourense. Por iso, cando asasináchedes ao veterinario Benigno Álvarez, paseáchedes o seu corpo ensanguentado por toda a provincia para escarmentar á xente. Sempre seredes uns asasinos ao servizo dos señoritos, da igrexa e do capital foráneo.

2 Ceacescuaxustizado

E por iso volvedes a Ourense...Qué masocas sodes.

1 Fuilco

Pura apología del terrorismo comunista. 100 millones de muertos directos y todavía algunos jetas - como todos los de la foto- lo celebran.

1 Capital Killer

Os "mortos do comunismo" tedes que inventalos con fabulacións. Os mortos do capitalismo mirámolos todos os días diante dos nosos ollos: guerras imperialistas, cadáveres flotando nos mares, ditaduras xenocidas (Pinochet, Videla, xeques árabes...), terrorismo de estado, accidentes laborais,...

2 Balbino

100 millóns nin un máis nin un menos ,. Contadiños polos capitalistas precarios. Por certo Garzón non te mistures con es@d tres trepas, menuda borralla tendes na Galiza no PC