50 detidos en 15 países, un deles en Galicia, por distribuír pornografía infantil en WhatsApp

A operación internacional, dirixida pola Policía Nacional española, esténdese a outras seis comunidades autónomas e varios países latinoamericanos, ademais de Italia.

Por E.P. | MADRID | 12/07/2017 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional dirixiron unha operación internacional na que foron detidas 50 persoas en 15 países por distribuír pornografía infantil a través de grupos de WhatsApp. Dos detidos, once foron arrestados en España, un deles en Galicia, entre os que se atopaba un multirreincidente, veciño de Tarragona, e un menor de idade sevillano que administraba un dos grupos da rede social.

Policia Nacional delitos tecnolóxicos
Policia Nacional delitos tecnolóxicos | Fonte: Europa Press

O detido en Galicia no marco do operativo dedicábase a compartir o contido. Así o confirmaron fontes policiais, que concretaron que o arresto aquí se levou a cabo na provincia de Pontevedra.

As investigacións, que contaron co apoio da Secretaría Executiva de Ameripol e de Interpol, iniciáronse cando os ciberaxentes españois acharon na denominada 'Darknet' unha ligazón á aplicación de telefonía Whatsapp, que lles conduciu ata un chat no que pedófilos de varios países de fala hispana intercambiaban pornografía infantil.

A partir deste achado, fixéronse novas indagacións para localizar os diferentes grupos análogos creados polos participantes do chat detectado inicialmente, dando como resultado unha investigación que implicou a 24 países con máis de cen persoas investigadas.

A parte desenvolvida en España deste operativo a escala mundial culminou coa detención 11 persoas: unha na Comunidade de Madrid, tres en Cataluña, tres en Andalucía, unha en Castela A Mancha, unha en Galicia, unha na Comunidade Valenciana e outra en Canarias.

Tamén se practicaron rexistros nos domicilios dos investigados, nos que os axentes se incautaron de 10 computadores, 18 discos duros, un dispositivo multimedia, 79 teléfonos móbiles, dous tablets e máis dun cento de diferentes soportes para almacenar o contido pedófilo.

Na análise do material intervido detectáronse arquivos de pornografía infantil descoñecidos ata agora para os investigadores, sobre os que se está traballando para identificar aos abusadores e ás súas vítimas.

En Tarragona detívose a un multirreincidente, detido anteriormente en tres ocasiones, dous por distribución de pornografía infantil e outra por abusos sexuais a un maior de idade. Pola súa banda en Sevilla arrestouse a un menor de idade, que era un dos administradores do grupo de WhastApp que orixinou a investigación. Nun dos casos os axentes tiveron que utilizar ferramentas forenses para recuperar os arquivos pedófilos, debido a que outro dos investigados realizaba borrados de seguridade periódicos dos seus terminais informáticos.

A investigación internacional coordinouse desde España e na operación participaron tamén axentes da Policía Nacional española destinados nalgúns países de Hispanoamérica, que participaron directamente nalgúns dos rexistros domiciliarios levados a cabo en Bolivia e Colombia.

39 ARRESTOS FÓRA DE ESPAÑA

Noutros países foron arrestadas 39 persoas, sete delas en Colombia, sete en Bolivia, tres en Brasil, catro en Chile, tres en Costa Rica, dúas en República Dominicana, dúas en Guatemala, unha en Italia, dúas en México, unha en Nicaragua, unha en Panamá, dúas en Paraguai, dúas en Uruguai e dúas en Venezuela.

En Uruguai uno dos detidos, de 47 anos de idade, recoñeceu abusar das súas dúas fillas de 6 e 15 anos, gravándoas e compartindo os vídeos posteriormente con outros pedófilos a través de WhatsApp e Twitter.

En Panamá, outro dos detidos contactaba con nenas, facéndose pasar el mesmo por menor, conseguindo que as vítimas lle pasasen fotografías de carácter íntimo, para posteriormente coaccionarlas coa súa distribución, logrando que seguisen enviando máis arquivos obscenos. Ata o momento identificouse a tres vítimas de pouca idade.

En México foi necesario que un dos rexistros se realizase durante a noite, dado que o investigado residía nunha zona cunha elevada presenza da criminalidade organizada. Nun dispositivo "lóstrego" o detido foi arrestado, sendo atopados no seu domicilio un elevadísimo número de arquivos de abusos sexuais a menores de moi curta idade.

Pola súa banda os detidos en Bolivia tiñan concertado para obter un lucro económico dos arquivos de carácter pedófilo, vendendo o material ilegal recibido a outros usuarios bolivianos, tamén a través de WhatsApp, previo pago mediante recargas ao teléfono móbil dos vendedores.

Algúns dos detidos por distribuír pornografía infantil alegaron nas súas declaracións que o seu obxectivo ao descargar e distribuír material de abuso a menores era infiltrarse en redes pedófilas co fin de descubrir aos seus membros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ramirez

El otro dia vi en unos grupos de whatsapp de xinita esta noticia, me alegro mucho de que los hayan detenido. Espero que se pudran en la cárcel.