Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/07/2017 | Actualizada ás 17:21
O BNG innova este 2017 a súa forma de convocar a tradicional manifestación do Día da Patria Galega. Faino desde a cultura, co lanzamento dun tema musical da man de Caxade e Mini titulado 'Estamos todas canda ti'.
Esta iniciativa supón o inicio dunha nova xeira. A pretensión da formación nacionalista é convidar cada ano a unha artista ou banda galega diferente a crear a canción do 25 de xullo. Nesta primeira edición os protagonistas son Xosé Luís Rivas, Mini e Caxade, artistas de recoñecido prestixio e traxectoria.
Coa mobilización do 25 de xullo o BNG busca facer do Día da Patria unha "grande mobilización social, aberta e plural contra, a discriminación que soporta Galiza por parte do Estado ante a inacción cómplice do Goberno galego, unha mobilización en que galegos e galegas reivindiquen a necesidade de mudar o rumbo do país e abrir un tempo novo", expón a formación nacionalista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.