Por que La Voz de Galicia proxecta unha idílica relación co BNG?

Desde que esta formación se converteu na cuarta forza parlamentaria son continuas as entrevistas e informacións sobre a súa nova líder, con noticias que contrastan coas que se publican de En Marea e do PSdeG. Tamén destacan as noticias sobre a boa xestión do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia precisa al BNG. Para amarse y erigirse y enorgullecerse. Para saber que hay hombres y mujeres que, equivocados o no, van con su credo a todas partes, como hicieron durante veinte años en Madrid. Que disponen sus traviesas, bloque a bloque, para levantar este país tantas veces cerrado por derribo. Han sido los primeros en muchas cosas. Ahora lo son en poner a una mujer al frente de su frente: con una estrella. Como la de Rosalía”. Así comezaba o seu artigo un dos grandes editorialistas de La Voz, Xosé Carlos Caneiro, en marzo do pasado ano, precisamente, titulado 'Ana Pontón y la estrella de Rosalía'.

Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio
Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio | Fonte: Cáritas Diocesano

Este artigo avanzaba o que, desde hai meses, principalmente, desde que o BNG caíu aos seis deputados e se converteu na cuarta forza parlamentaria de Galicia, ía ser a liña editorial do Grupo Voz co Bloque, unha formación á que, durante anos, denostou. Eran os grandes momentos deste grupo político, cando obtivo as principais alcaldías de Galicia e, despois, a Vicepresidencia e varias consellerías na Xunta.

Entón comezou unha campaña que no entorno do Bloque, e sobre todo, da UPG, se denominou “Boicoz”. “Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas”. Este era a mensaxe que comezou a cirular pola rede entre militantes e cargos nacionalistas e na que se facía un aberto chamamento a non ler, nin distribuír, as informacións de La Voz.

Iso era en febreiro de 2009. Un mes despois o Bloque tiña que saír do Goberno da Xunta. Gañaba as eleccións autonómicas Alberto Núñez Feijóo por maioría absoluta e moi poucos votos na Coruña, a provincia con maior influencia de La Voz. Unha victoria que moitos no BNG vincularon coa campaña que este xornal realizou contra esta formación e o seu líder de entón, con artigos nos que se criticaban os bailes de Quintana cos vellos ou unha suposta neveira de 6.000 euros que levaba no coche oficial. Antes foran outras moitas informacións sobre mandilóns identitarios, a suposta nacionalización das galescolas ou do agro co Banco de Terras, os chiringuitos, ou os chanchullos do concurso eólico.

Desde entón o BNG non só perdeu a Xunta, senón numerosas alcaldías. Tivo escisións, e pasou de competir co PSdeG pola segunda forza na Cámara a converterse na cuarta. Históricos dirixentes do Bloque relacionan esa traxectoria coas “durísimas campañas da prensa españoleira” de entón, entre as que citan a La Voz de Galicia e o ABC, principalmente. 

cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia
cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia

O “idilio”

Con todo, esa mesma prensa, principalmente La Voz, semella que desde hai meses comezou un “idilio” con esta formación que antes denostaba. “É o xogo de sempre. Houbo un momento no que o inimigo era o BNG. Pero, agora como está en horas baixas, toca mimalo un pouco para atacar ao outro gran inimigo, En Marea, e de rebote tamén o PSdeG”, aseguran.  “É o xogo de sempre. Dar azos a uns e rebaixar aos outros co obxectivo final de dividir á esquerda e ao nacionalismo para que o PP siga no poder”, indican.

“E o problema de todo isto é que eses mesmos dirixentes políticos que sempre se mostraron tan críticos con determinados poderes mediáticos, caian, agora, nas súas mans sen criticar estratexias que denunciaban e atacaban no pasado”, engaden.

E o certo é que nos últimos meses La Voz está mimando ao BNG. Faino coa súa nova voceira nacional, con continuas entrevistas --ata sete desde que é a nova líder-- e noticias case aduladoras. A última, este sábado. E faino tamén co principal partido, e case único, que forma parte desa formación, a UPG, o cal parecería utópico hai uns anos. Ben é certo que o Bloque innovou, reaxiu e ten unha nova forma de facer política, pero chama a atención que sexa, sobre todo, La Voz de Galicia, quen insista en poñela como exemplo fronte a En Marea e o PSdeG.

“Pan para hoxe e fame para mañá”

Con todo, estes dirixentes históricos nacionalistas consultados, algúns xa apartados da vida política, aventuran que este idilio non acabará ben. “É pan para hoxe e fame para mañá”, din. “O Bloque non volverá ser o mesmo que foi. Agora está sendo utilizado como tonto útil dunha batalla que se libra en Madrid. O día que deixe de ser útil, comezarán os ataques contra o nacionalismo outra vez”, din. Entón, a Ana Pontón, e a ese novo BNG que representa, “comezaranlle a crecer os cornos e o rabo”. “E que farán entón os seus dirixentes, seguirán calados ou animarán a un novo Boicoz?”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

21 Cheira a Xeira

Ía poñer "JA" moitas veces, pero o sistema de comentarios díxome que "Por favor NON BERRES. É moi molesto que utilices tantas maiúsculas. Relaxate." Segue a facerme rir. Non sei como expresalo

20 Trixpaga

E non terá que ver cos da UPG do Concello de Pontevedra?

19 Alberte

Non sei. Son galego e voto ao BNG. E non tenho máis polémicas sobre o asunto. Quen as tedes sodes vós. Non eu. Non debedes ter a conciencia tranquila. É o que vos pasa.

1 ferrolán do pisco

O próximo presidente da xunta será LOIS BLANCO...por unha candidatura unitaria de B.N.G. e PS.G.. Facemos apostas....

2 Fada-laverca

A ver se lles vai pasar o da canción de Chicho Sánchez Ferlosio: https://www.youtube.com/watch?v=e-C... Tes razón, os votantes do bloque deben centrarse en mellorar a realidade e loitar contra a precarización, os recortes e a incultura poñendo de relevo os límites do cosmopaletismo. O voso é traballar. O deles son discusións de cafetería e ilusións creadas polos medios. Triste o que lle fixeron ao nacionalismo, pero agora a tirar para adiante e traballar que é o que os militantes e votantes do bloque mellor saben facer. Ignoremos as provocacións porque ao fin xa o dixo Lincoln: "Pódese enganar a todo o mundo algún tempo. Pódese enganr a algúns todo o tempo; pero o que non se pode é enganar a todos todo o tempo". Nós construimos futuro, outros aran no mar e buscan protagonismos mediáticos. O noso é unha tarefa moito menos lucida e traballosa, pero esa é a tarefa dos imprescindibles coma dixo Brecht.

3 Alicia nas Marabillas

pero que tanto opinas do nacionalismo, ti raposa que non es nacionalista!!!! iso é como se eu entrase nun foro de coches a bendicir os mercedes e a escupir contra os lexus, cando non sei nin comparto afeccións. a min non me quitan o sono os carros, a ti o nacionalismo proeche. quita a máscara: realmente es do BNG e "nós", o "noso"... é un asunto de negocio. aclarate e deixa de marear. non serás como o provocador fascista Nostrus un produto da imaxinación quente do director de Galicia Confidencial? seica os fillos da garda civil cando saen enrevesados son capaces de crear monstruos para animar o debate, e ti fada kollona es sospeitosa.

4 Fada laverca

Eu tamen te aprecio moito caro. Vexo que segues coas descualificacions machistas. Oiches falar da proxeccion na teoria freudiana? Eu como Antigona non nacin para o odio senon para o amor.

18 Sermos

1.-O Bloque debe cartos aos bancos, demasiados como para poder unirse a un verdadeiro bloque popular de esquerda na nosa nación para acabar con Feijoo dunha vez. 2.-O Bloque ten un pacto co PSOE polo que significados opinadores do seu ámbito traballan en castellano na prensa e na radio españolas. 3.-La Voz de Galicia apoia ao Bloque polas mesmas razóns que apoiou a Esquerda Unida cando o Bloque era unha ameaza para Fraga. Hoxe para La Voz apoiar o BNG é dividir o único proxecto con capacidade para rematar coa ditadura clientelar do Partido Popular en Galicia. 5.-Como o BNG necesita gañar votos para ocupar cargos políticos e pagar a débeda coa banca, déixase querer por La Voz. 6.-"Nacionalismo" e "Galiza" son as palabras que o BNG mantén secuestradas como se as inventasen eles, pero ninguén cre xa, nin o máis tontiño do pueblo, que un partido que pacta co PSOE (español) non queira pactar coa Marea (galega) por razóns políticas.

17 Por que?

Por que este dixitak proxecta unha relación idilica coa division da oposición ao PP.