Concelleiros levan a camiseta da Selección Española para amolar ao rexedor nacionalista de Vimianzo

Querían amosar a súa oposición ao referendo catalán. Varias persoas foron expulsadas nun tenso pleno. "Son hooligans relacionados cos grupos da oposición", di Manuel Antelo.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 02/10/2017 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Camisetas da Selección Española. Ese foi o xeito que tiveron os concelleiros de Terra Galega (TEGA) no Concello de Vimianzo para protestar e tentar amolar ao rexedor nacionalista, Manuel Antelo, do Foro Galego, que forma parte de En Marea, polo seu apoio ao referendo catalán.

Concelleiros de TEGA con camisetas da Selección Española nun pleno en Vimianzo
Concelleiros de TEGA con camisetas da Selección Española nun pleno en Vimianzo | Fonte: QPC

O das camisetas foi o inicio dun tenso pleno que rematou con varios expulsados e que provocou un "espectáculo lamentable" en palabras do propio alcalde. Foi nos rogos e preguntas cando a cousa se quentou. A voceira do PP, Raquel Rodríguez, foi expulsada tras ser chamada a orde en tres ocasións. A edila de IxV, Mónica Rodríguez, tamén mantivo unha acalorada discusión co alcalde sobre a maneira de tratar os expedientes e sobre os sobrecustos pagados ao arquitecto municipal, algo que provocou que o rexedor lembrara a xestión do ex rexedor no caso da Casa da Cultura coa emrpesa do seu irmán. Tamén o voceiro de TEGA criticou varias deficiencias no servizo de auga.

Pero a cousa aínda foi a máis. Cando o alcalde se dispuxo a dar as explicacións pertinentes aos rogos e preguntas formuladas, foi constantemente interrompido, increpado e mesmo insultado por algunhas persoas presentes no público. Concretamente foron dous veciños, un deles afectado polo posible derrube dunha casa en Bamiro e o outro implicado nun evento celebrado en Castrobuxán, denunciado polo Concello por utilizar auga sen permiso, os que máis irritaron a Antelo, que acabou botándoos.

"O pleno do venres foi rebentado por uns hooligans con lazos de amizade e relacións persoais con membros da oposición e que nin viven ninn están empadroados no concello de Vimianzo”, denunciou o alcalde despois. Tamén cargou contra a oposición aos que acusou de ser os responsables de "espectáculos lamentables para converter o pleno nun circo”.

Do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 Argonauta

Que este sexa o xerme dunha presunta Dereita Nacionalista Galega e para pór-se a mexar e non botar nin pinga....a Dirección de TEGA debera aplicar-lle un bó correctivo a estes/as cheiñas españolistas (nin os fachoros de Citizens se atreven a tanto) con finde de exercicios espirituais reeducacionais incluido......

9 D\LAVAÑOU

Alcalde, concelleìros , asistentes ao pleno e demais julingans,, A imaxe que dan vostedes e a de unhos tristes cangamañáns .

8 Yo mismo

Si señor....menudo medio mas serio es este ...decindo concelleiros de tega cando en vimianzo so hai 1 concelleiro de tega (un dos que sale na foto) os outros que saen na foto son doutros partidos...si señor....e que pena que so se conten as metade das cousas que pasaron...e quese permita mentir o alcalde decindo que esas persoas non estan empadronadas no concello...

7 Cusca

Pailáns

6 Noa Ramos

Bien por los concejales. El alcalde, el típico golpista, que si pudiera haría con la oposición lo mismo que en Venezuela. Este es nivel de mareantes y bloqueiros

1 Yolanda Castaña

Así mujer, a repetir consignas como un papagayo. Un aplauso,campeona

2 Arquetipo

Quererá vostede dicer "con la oposición lo mismo que Raxoi en Catalunya", digo eu e supoño....e que xa non fai falla ir tan lonxe para ver abusos policiacos.......