As construtoras beneficiaranse da privatización dos hospitais de Vigo e Pontevedra

As protestas por unha sanidade 100% pública e o próximo gran conflito na rúa que afronta Feijóo. Galicia Confidencial revela que intereses hai detrás das próximas adxudicacións dos hospitais de Vigo e Pontevedra e, visto o exemplo madrileño, que consecuencias sufrirán os pacientes galegos.

Por Walter Burns | Vigo | 09/11/2010 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación dentro de dous sábados, o 21 de novembro, en Compostela. Este colectivo argumenta que privatizar hospitais, como xa fixo o PP en Valencia e Madrid, resulta ao final máis caro para o peto dos cidadáns, que ademais reciben peor asistencia.

A Plataforma cita ao modelo británico como exemplo dos prexuízos que trae a entrada de capital privado. A resultas da política lanzada por John Major, os complexos privatizados reduciron 13.000 camas en catro anos. En España, SOS Sanidade Pública tamén lembra os sanatorios privatizados en Madrid teñen até un 20% menos de traballadores que os públicos.

A Xunta vai construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra tirando de financiamento privado. A cambio de adiantar cartos, as construtoras recibirán un importante canon anual, aínda por determinar.

Imputados no Gürtel fixéronse cos hospitais madrileños

Trátase dun modelo moi similar ao do goberno de Esperanza Aguirre en Madrid (PP), que privatizou até oito hospitais. Entre as  oito construtoras adxudicatarias en Madrid, hai polo menos dúas con directivos imputados por corrupción na trama madrileña do Gürtel, o caso de presunto financiamento ilegal do PP madrileño e valenciano.

Son Construtora Hispánica, que cobrou 9,7 millóns de canon polo hospital de Aranjuez , e Begar SA, copropietaria do hospital de Vallecas, que recibiu un canon de 16,8 millóns, segundo datos de 2008.

Duelo pontevedrés: San José vs Puentes

A conselleira Pilar Farjas confía en adxudicar o complexo de Vigo este ano. Ten que elixir entre dous consorcios, un liderado polas galegas Copasa y San José (a pontevedresa editora de Xornal e ANT) e outro encabezado pola madrileña Acciona e a tamén pontevedresa Puentes y Calzadas, para a que traballou o actual conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández.

Farjas e Feijóo argumentan pola crise e os supostos “buratos” do bipartito, a Xunta non pode construír os novos hospitais ela soa.

Unha “mentira” para SOS Sanidade Pública. A organización lembra que co bipartito “existía un proxecto de financiamento a través dunha sociedade pública que permitía financialo sen perder o carácter público”.

Feijóo promete que a xestión seguiría sendo pública

Para a Plataforma as únicas beneficiaras a longo prazo son as construtoras que “obteñen enormes beneficios sen correr riscos”, pois teñen asegurado o canon durante 20 anos.

A Xunta do PP sempre asegurou que só usará cartos privados para construír os hospitais, pero non para xestionalos. SOS Sanidade Pública advirte que a intención última do PPdeG é dar entrada tamén ao capital privado na organización dos sanatorios. Isto provocaría unha redución do persoal e, loxicamente, un peor servizo.

Que pasou en Madrid co “novo modelo”?

Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.

O mesmo pasa coas camas, 3 por mil nos centros 100% públicos e 0,9 nos de xestión “público-privadada”. Na comunidade de Esperanza Aguirre o número de camas por mil habitantes caeu un 68 % dende a instauración do novo modelo.

None

Quen apoia as manifestacións?

En Galicia, o Goberno de Manuel Fraga xa ensaiou o modelo de xestión privada mediante fundacións. O experimento durou pouco, ante o colapso e a bancarrota de centros como o de Verín.

A plataforma SOS Sanidade Pública coordina a varias plataformas comarcais, p.ex. a de Ferrol, e conta co apoio do PSdeG, do Bloque e EU. Tamén participan as tres grandes forzas sindicais, CIG, UXT e Comisións.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

9 fidel

Todos a morrer como cans con este goberno.Como lles pasa aos "gringos".Sálvense quen teña cartos!

8 Xabier Ron

Sei que sobre algunhas organizacións pesa, en demasiadas ocasións o esquecemento, ou, por motivos de instrumentalización, o silencio e o agochamento. Mais na pléiade de organizacións que están detrás desta Plataforma falta Esquerda Unida....e estamos. E efecto, desenvolvemos un traballo dentro de diferentes Plataformas a nivel comarcal, por exemplo, dentro da que se ocupa da Área Sanitara de Compostela. Cabe dicir tamén, e penso que hai que recollelo, na mesma están representantes do movemento veciñal. Un saúdo.

1 Galicia Confidencial

Ninguén o dubida. Escusas polo "esquecemento". Xa estades ;)

7 Pedro

Un goberno elixido para catro anos pode decidir a privatización da sanidade para vinte anos. Ante isto esixamos que se consulte ao pobo, pidamos democracia, non eran estes os que defendían a liberdade dos pais para poder elixir? pois nós, os cidadáns tamén queremos decidir se os hospitais teñen que ser privados ou non.

6 Barbanzón

E logo están as discriminacións entre centros iguais, que van "por comarcas". Aquí no Barbanza temos un hospital sen celadores, igual que en Cee. E levan tempo pedindo que se poñan, e nada... http://queremosceladores.blogspot.c...

5 Porco Jones

Xa vai sendo tempo que o BNG faga coma os do PP e vaia casa por casa falando cos velhos, pero non con mentiras coma o PPodres senón explicandolhes o que pasa cando se vota PP. Especialmente porque estou ben certo de que esta nova non vai estar na portada dos xornais que os paisanos len na taberna.