As construtoras beneficiaranse da privatización dos hospitais de Vigo e Pontevedra

As protestas por unha sanidade 100% pública e o próximo gran conflito na rúa que afronta Feijóo. Galicia Confidencial revela que intereses hai detrás das próximas adxudicacións dos hospitais de Vigo e Pontevedra e, visto o exemplo madrileño, que consecuencias sufrirán os pacientes galegos.

Por Walter Burns | Vigo | 09/11/2010 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación dentro de dous sábados, o 21 de novembro, en Compostela. Este colectivo argumenta que privatizar hospitais, como xa fixo o PP en Valencia e Madrid, resulta ao final máis caro para o peto dos cidadáns, que ademais reciben peor asistencia.

A Plataforma cita ao modelo británico como exemplo dos prexuízos que trae a entrada de capital privado. A resultas da política lanzada por John Major, os complexos privatizados reduciron 13.000 camas en catro anos. En España, SOS Sanidade Pública tamén lembra os sanatorios privatizados en Madrid teñen até un 20% menos de traballadores que os públicos.

A Xunta vai construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra tirando de financiamento privado. A cambio de adiantar cartos, as construtoras recibirán un importante canon anual, aínda por determinar.

Imputados no Gürtel fixéronse cos hospitais madrileños

Trátase dun modelo moi similar ao do goberno de Esperanza Aguirre en Madrid (PP), que privatizou até oito hospitais. Entre as  oito construtoras adxudicatarias en Madrid, hai polo menos dúas con directivos imputados por corrupción na trama madrileña do Gürtel, o caso de presunto financiamento ilegal do PP madrileño e valenciano.

Son Construtora Hispánica, que cobrou 9,7 millóns de canon polo hospital de Aranjuez , e Begar SA, copropietaria do hospital de Vallecas, que recibiu un canon de 16,8 millóns, segundo datos de 2008.

Duelo pontevedrés: San José vs Puentes

A conselleira Pilar Farjas confía en adxudicar o complexo de Vigo este ano. Ten que elixir entre dous consorcios, un liderado polas galegas Copasa y San José (a pontevedresa editora de Xornal e ANT) e outro encabezado pola madrileña Acciona e a tamén pontevedresa Puentes y Calzadas, para a que traballou o actual conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández.

Farjas e Feijóo argumentan pola crise e os supostos “buratos” do bipartito, a Xunta non pode construír os novos hospitais ela soa.

Unha “mentira” para SOS Sanidade Pública. A organización lembra que co bipartito “existía un proxecto de financiamento a través dunha sociedade pública que permitía financialo sen perder o carácter público”.

Feijóo promete que a xestión seguiría sendo pública

Para a Plataforma as únicas beneficiaras a longo prazo son as construtoras que “obteñen enormes beneficios sen correr riscos”, pois teñen asegurado o canon durante 20 anos.

A Xunta do PP sempre asegurou que só usará cartos privados para construír os hospitais, pero non para xestionalos. SOS Sanidade Pública advirte que a intención última do PPdeG é dar entrada tamén ao capital privado na organización dos sanatorios. Isto provocaría unha redución do persoal e, loxicamente, un peor servizo.

Que pasou en Madrid co “novo modelo”?

Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.

O mesmo pasa coas camas, 3 por mil nos centros 100% públicos e 0,9 nos de xestión “público-privadada”. Na comunidade de Esperanza Aguirre o número de camas por mil habitantes caeu un 68 % dende a instauración do novo modelo.

None

Quen apoia as manifestacións?

En Galicia, o Goberno de Manuel Fraga xa ensaiou o modelo de xestión privada mediante fundacións. O experimento durou pouco, ante o colapso e a bancarrota de centros como o de Verín.

A plataforma SOS Sanidade Pública coordina a varias plataformas comarcais, p.ex. a de Ferrol, e conta co apoio do PSdeG, do Bloque e EU. Tamén participan as tres grandes forzas sindicais, CIG, UXT e Comisións.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

4 Enfin

Los del PP mucho privatizar todo, pero ellos bien que se apuran a ser funcionarios, verdad señor Feijoo e Rajoy. Ya lo dice el dicho con el mazo dando y a dios rogando.

3 lois

http://plataformadspferrol.blogspot...

1 Galicia Confidencial

Gracias polo enlace, incorporámolo a información

2 Teresa

http://www.elpais.com/articulo/Gali... Galegos, que modelo queredes? Non hai para hospitais, máis si para visitas papais, para campañas publicitarias (fálase de 2 millóns de e.)contando que os galegos temos a mellor sanidade, para empresas onde está a sobriña de Romay Beccaría (unha gran amiga de Feijóo dende hai anos) con concursos feitos de aquela maneira, tamén para A-3 Recoletos que terminou fuxindo do hospital de Bós Aires, para Piqué e a súa empresa.....tantas e tantas cousas en tan pouco tempo. Se tiveramos dignidade teriamos que estar todos en Compostela o 21 de novembro. Eu aló estarei co desexo de ver a moitos vigueses e pontevedreses. Vémosnos en Compos galegos?

1 Andamolho

Pois alí estaremos Teresa,espero que Galiza enteira amais de Vigo e Pontevedra acudan a manifestación porque se hoxe lhe toca a estas duas cidades manha a pisonadora privatizadora de servizos sociais batera en calquera outro sitio,o 21 en Compostela defendendo os nosos dereitos de cidadans fronte os beneficios empresariais dunhos poucos poderosos.Vemonos

1 Manoliño

E quen se beneficia das privatizacións do concello da Coruña? Están privatizadas en parte algunhas bibliotecas; o servizo de vixilancia de locáis municipáis, que até hai poucos anos facía a policía local, agora faino unha empresa de seguridade; a limpeza dos aseos públicos; a última privatización foi a do mantemento dos xardíns, que xa non temos xardineiros municipais. O Taller de Obras Municipais case que non ten operarios porque as reparacións polo común contrátanse con empresas privadas. Falando de hospitáis, hai ben anos, nos 80, que o concello da Coruña vendeu o Hospital Municipal, non é que fixera unha concesión, vendeuno e agora alí está o Centro Oncológico Rexional. É dicer, iso de que a dereita privatiza e a esquerda non, contádesllo a outro.

1 Palmeira

É o mesmo privatizar o servizo de limpeza que a educación ou a Sanidade? Os trolls do PP xa non saben máis papanatadas. O sistema que se quer implantar aquí é moi semellante ao de UK (dicho un médico, Manoliño). Dito sistema é negativo para máis do 65% da poboación de aquel Reino (os datos son do NHS). Antes de falar... documentarse! A Sanidade PÚBLICA! Moito liberal na rede... Liberal para foder con menores (Dragó), para construír onde queira (Telmo, Louzán, etc), para facer da Sanidade negocio... pero pouco liberales para quen quer abortar, poñer un condón, eutanasia, investigación con células nai, unión e dereitos dos homosexuais... Moita hipocresía é o que hai!

2 Manoliño

Tamén hai moito que a falta de mellores argumentos preséntase cun argumento de autoridade, que as cousas son como digo eu porque son eu... Repito: o Concello da Coruña, ao que ti lle fas a ola, privatizou xa nos 80 o Hospital Municipal. E perdoa, hai traballos nos que se ten mais responsabilidade que en outros, pero todos son necesarios, ¿que faríamos sen as sacrificadas limpadoras? So digo, que privatizar privatizan todos, dereita e esquerda. Uns disque fan negocio coa sanidade, e outros non sei porque non van facer negocio coa limpeza, o mantemento de xardíns, a vixilancia... Por certo, cando estiven ou tiven familiares hospitalizados en privados (enviados polo SERGAS), nunca tiven queixa. Haberá que ver e aplicar os criterios que se empregan coa limpeza, vixilancia, mantemento de xardíns, etcétera, é dicer, se a calidade de servizo para o paciente é a mesma, haberá que ver quen o fai mais barato.

3 Manoleitor

Ao se falar da privatización da sanidade que leva a cabo o PP salta o troll pepeiro a falar doutro tema. As concesións a 20 anos vista de servizos sanitarios que fai o PP son un saqueo a grande escala porque pon en mans privadas unha serie de recursos que van máis aló de contedores e vasoiras. Non fai falla ver o que acontece no Reino Unido, abonda con coñecer un pouco a situación en Madrid. Por certo: segues sen traballo? Ao mellor se perdeses menos tempo raiando con propaganda barata terías máis opcións de atopar algo.

4 Manoleitor

5 Manoliño

A ver se me fas unha visita ao neurólogo, que che temblan as mans, non es preciso ao picar, e daslle dúas veces (outras veces son tres) ao rato. Anda con ollo que ao mellor non é un temblor esencial e tes un principio de Parkinson, ou ao mellor, visto o xeito de pensar, xa vai algo avanzado ou andas algo demenciado e están a tempo de pararche o deterioro neurolóxico. Hala, talogo.

6 Manoleitor

Que vá, Manoliño, é que me pós a cen e non podo conter a emoción!!! Tamén pode ser que no meu traballo (xa sabes, iso que facemos algúns a maiores de intoxicar foros con insultos) fago transaccións on line que esgotan boa parte do ancho de banda e aproveito eses intres, en que o sistema faime agardar improductivamente, para entrar aquí a ler novas e me sorprender coa túa pésima saúde psíquica. A lentitude na actualización na páxina e que me interese enviar a mensaxe sen estar pendente fai que me apure, pero se che molesta fareino con máis entusiasmo. E insisto: a ver se fas algo produtivo, langrán!!!

7 Manoleitor

8 Manoleitor

9 xandasbolas

Mira Manoliño, privatizar os sevizos públicos está moi mal. Tamén está moi mal que algúns sectores produtivos estean en mans privadas. Pensa que a privatización é un negocio para unha empresa, é dicir, a plusvalía dese negocio non revirte nos cidadáns.

10 Cuchamonxas

Maloliño anda que todos sabemos que na terra te chamas Javier Dorado, mira ti

11 Manoliño

Manoleitos, ves como teño razón. TRES veces, TRES, que premes no rato. Vai fala con Pablo Vaamonde que ao mellor dache unhas pepas e insisto, detés o deterioro neurolóxico, perceptible nese tremor que che impide darlle unha soa vez ao rato para enviar a mensaxe.

12 Manoliño

xandasbolas: post razoable e comedido, provoca unha resposta que tenta ser razoable e tamén comedida. Si, eu tamén estou en contra da privatización dos servicios públicos, sexa o de limpeza (senón fora polas limpadoras, comeríanos a merda) ou sexa a medicina. So digo que privatizar, e disque facer negocio, faino tanto a dereita como a esquerda. #10 Cuchanonseiqué, o tal Javier Dorado caeme ben, aínda que non sei case que nada del, pero como o poñedes a parir, supoño que será bo tío.

13 Manoleitor

Manoliño, vexo que tes problemas de lectoescritura, que hai que sumar ao risco de exclusión social (ao non teres traballo, parella nin amizades) e aos teus máis que probábeis transtornos de personalidade. Estes seguramente sexan trastorno obsesivo-compulsivo e sociopatía. Este último adivíñase polo xeito en que glorificas a asasinos de masas, e o primeiro é evidente para calquera que teña entrado aquí 3 ou 4 veces. E xa sabes: os traballos e a inserción social non se conseguen desbarrando nos foros!!!

14 Manoleitor