En liberdade todo o clan dos "Morones" tras as ameazas de morte a feirantes xitanos "zamoranos"

O irmán pequeno desta familia de étnia xitana que protagonizou duros enfrontamentos con outros xitanos, sae de prisión após abonar unha fianza de 20.000 euros

Por E.P. | VIGO | 09/11/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Saúl J.G., investigado xunto aos seus irmáns e outros familiares por supostas ameazas e extorsións a feirantes xitanos 'zamoranos' nos mercados do sur da provincia de Pontevedra, saíu de prisión após depositar este mércores no xulgado de Cangas unha fianza de 20.000 euros. Saúl era o último do clan dos Morones que estaba en prisión por estes feitos.

Sinaí Giménez, un dos líderes do clan dos Morones, nunha protesta en Ponteareas
Sinaí Giménez, un dos líderes do clan dos Morones, nunha protesta en Ponteareas

Os outros tres irmáns foron saíndo de prisión en liberdade condicional tras satisfacer as súas respectivas fianzas: o primeiro deles, Marino, en abril de 2017; Juan Paulo, a principios de agosto deste ano; e Sinaí, a mediados de agosto. Saúl, o irmán pequeno, era o único que permanecía no cárcere, e mesmo se chegaron a convocar manifestacións para pedir a súa liberdade que finalmente foron desconvocadas.

Así o confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, que puntualizaron que esta liberdade provisional contempla medidas, do mesmo xeito que no caso dos seus irmáns, que tamén foron excarcerados despois de pagar diversas fianzas.

En concreto, Saúl J.G. debe comparecer periodicamente ante o xulgado ou a Garda Civil, non pode abandonar o territorio nacional (retiróuselle o pasaporte), nin achegarse aos mercados de Moaña, Cangas, Vigo, Redondela, Sabarís (Baiona), Pontevedra, O Porriño, Tui, Ponteareas e Barro.

Episodio violento en 2016

Saúl J.G. ingresou en prisión en abril de 2016 por orde do xulgado de instrución número tres de Cangas, que investiga unha suposta trama de extorsión e ameazas a vendedores ambulantes por parte da coñecida como familia dos 'morones'.

No marco desa investigación foron detidos o patriarca da familia, Olegario, e os seus fillos Sinaí, Juan Paulo, Marino e Saúl, ademais doutros parentes e achegados. O xuíz ordenou prisión provisional para Olegario e os seus fillos, aínda que o pai non chegou a ingresar no cárcere por motivos de saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta