Temas: JEALSA RIANXEIRA

Luz verde á ampliación en case 20.000 m2 das instalacións de Jealsa en Boiro

A Xunta asegura que permitirá a creación de 200 empregos na comarca do Barbanza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2017 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro (A Coruña), o que permitirá a creación de 200 empregos na comarca do Barbanza.

Instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro
Instalacións de Jealsa Rianxeira en Boiro | Fonte: Jealsa

Após a declaración en maio de 2015, por parte do Consello, da incidencia supramunicipal deste proxecto, a Consellería de Economía encargouse da tramitación desta iniciativa, que, segundo explica a Xunta, permite a ordenación do espazo contiguo ás instalacións de Jealsa Rianxeira para a súa ampliación e mellora.

O proxecto sectorial, que queda integrado por 42.500 metros cadrados, "permitirá a construción de dúas edificacións, co cal se alcanzarán os 18.000 metros cadrados de superficie cuberta e reservará case 2.000 metros cadrados para o establecemento de equipamentos públicos".As determinacións contidas neste proxecto vincularán o plan do Concello de Boiro, que terá que adaptarse a elas.

A empresa investirá 20 millóns de euros nesta actuación, para a que contará con 12 meses para a urbanización da plataforma inferior e 48 meses para a superior, e outros 24 meses desde a terminación das obras anteriores. Os traballos de edificación iniciaranse tres meses despois de terminar cada unha das fases de urbanización.

Temas: JEALSA RIANXEIRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta