Música e celtismo solidario desde a Bretaña cos afectados polos incendios

A entidade de música tradicional bretona Kevrenn Alre organiza un fest-noz para recadar diñeiro e envialo aos afectados polos lumes.

Por Galicia Confidencial | Rennes, Bretaña | 05/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Bretaña tamén está con Galicia nos momentos difíciles. Aconteceu durante o Prestige e volve pasar agora e, desta volta, en forma de festa solidaria grazas a unha iniciativa de Kevrenn Alre, un grupo de música e danza tradicional bretona, creado en 1951, en Auray, no Morbihan, un dos departamentos bretóns.

Grupo de música bretón Kevrenn Alre
Grupo de música bretón Kevrenn Alre

Todo comezou o 16 de outubro cando Marie, vicepresidenta da Kevrenn Alre, viu as imaxes e fotografías que chegaban dunha Galicia ardida. "Vivín moito tempo alí. Teño moitos amigos en Galicia, en Asturias e no norte de Portugal", sinala no xornal Ouest France. "E eles publicaban imaxes realmente horribles do que estaba acontecendo", engade.

Por iso, emocionada lanzou unha proposta a través das redes sociais: "Ola, amigos músicos (e demais) bretóns. Temos bos amigos en Galicia, Asturias e Portugal. Estariades dispostos a facer un pequeno concerto ou fest-noz (festa tradicional bretona) de solidariedade para recoller fondos e envialos alá".

O efecto foi inmediato. Marie tivo a resposta de numerosos bretóns, e non bretóns, animándoa a facer o fest-noz e co compromiso de aportar donativos para os "amigos" galegos asturianos e portugueses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta