Os rapeiros de La Insurgencia, condenados a prisión e comparados con terroristas do Daesh

Doce rapeiros, cinco deles de Vigo, foron condenados a 2 anos de cárcere por “enaltecemento do terrorismo” nas súas cancións de youtube. A sentenza contou co voto particular en contra da presidenta da sección

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou a 12 rapeiros, cinco deles vigueses, do coletivo La Insurgencia, a 2 anos e un día de prisión, multa de 4.800 euros e 9 anos de inhabilitación absoluta por “enaltecimento do terrorismo”, tal e como pedía o fiscal José Perals. 

Xuízo aos rapeiros de La Insurgencia
Xuízo aos rapeiros de La Insurgencia | Fonte: Agora Galiza

Así, a xuíza Carmen Lamela entende que os integrantes deste grupo enxalzaron aos Grapo nas súas cancións publicadas en Youtube. Os rapeiros autodefinironse como "un colectivo musical que pretende fomentar o internacionalismo, difundir e expandir a cultura revolucionaria, e elevar o nivel de conciencia das masas traballadoras". 

Entre os condenados atópanse os raperos galegos Pipe Díaz, Nyto, Gorka Likor K, Saúl Zaitsev, Oliver Botana e Sine, así como Iván Leszno, Eshoj Ekirne, Elgio, Lokutor, Manu, Komu e Inessa.

O fiscal José Perals manifestou que as letras dos seus raps "propagan un método violento para combatir un sistema que (los acusados) consideran inxusto”. De feito, chegounos a comparar con terroristas do Daesh xa que “os acusados teñen unha relixión que é a loita sindical obreira e que a exploración dos oprimidos merece unha loita armada contra determinados colectivos”.  

Cinco dos 13 encausados do coletivo `La insurgencia' son de Vigo. De feito, un non asistiu ao xuízo por ser menor de edade.  A decisión foi recorrida ao Tribunal Supremo, que senón a acolle, terán que cumprir pena. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Demasiadas K en esos alias. Si es que estos chavalotes, lo que tienen que hacer es ponerse a estudiar y dejar la tontería de la provocación aparcada en la borrachera de los fines de semana. El prurito revolucionario está pasado de moda y los años 70 sólo se entienden con el pantalón vaquero Lois y la chaqueta de pana (a poder ser con coderas). En el fondo, eso de raperos galegos revolucionarios tiene un punto hilarante: pretender la revolución y fomentar la contracultura antiimperialista a través de una manifestación cultural muy norteamericana, muy del sistema: el rap. Lo dicho, a estudiar y a ver si maduramos un poquito.

1 cesc

Non molan nada os argumentos rancios e conservadores con cheiro paternalista. Ti de novo debiches ser bueniño e non rompiches ningún prato, ou?