Temas: EXTREMADURA

A vinculación da “Fala” extremeña co galego chega aos medios de comunicación franceses

O mañegu, valverdeiru e lagarteiru, son dialetos con orixe galega que son faladas por preto de 6.000 persoas no Val do Xálima, no norte de Extremadura.

Por Galicia Confidencial | Paris | 16/12/2017 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A fala, valego ou galego extremeño é un tipo de fala que se utiliza no Val do Xálima, no norte de Extremadura, nos coñecidos como os tres lugaris; San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e as Ellas. E esta peculiaridade acaba de ser salientada no xornal francés, Courriere International

O grupo de alumnas da Universiade de Vigo que estudia a Fala , o galego de Extremadura, sostendo a bandeira de San Martiño de Trebello acompañadas polo profesor Xosé Henrique Costas
O grupo de alumnas da Universiade de Vigo que estudia a Fala , o galego de Extremadura, sostendo a bandeira de San Martiño de Trebello acompañadas polo profesor Xosé Henrique Costas

Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito, a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe. A fala ten tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val; Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello, Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno e  Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.

E, precisamente, esa particulariedade lingüística, a fai moi atractiva para os estudosos da lingua galega, entre eles, Henrique Costas, que apunta a que a súa orixe estaría nos colonos galegos que se instalaron nestas terras após a reconquista, no século XIII.

Temas: EXTREMADURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta