Sinaí Giménez desexa un feliz ano 10018 en nome do clan dos 'Morones'

O vídeo caseiro fíxose viral en Internet.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/01/2018 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

O autoproclamado 'Príncipe dos Xitanos' gravou un vídeo felicitando o novo ano a "todos os xitanos de España e para os que non o son tamén", pero fíxoo oito milenios avanzado: no canto de 2018, desexou un feliz 10018. O vídeo fíxose viral en Internet.

Sinaí Giménez declara nos xulgados
Sinaí Giménez declara nos xulgados

Sinaí Giménez, quen tamén se autodefinira como o 'Obama galego' cando se presentou como candidato á Alcaldía de Vigo, é coñecido non só polas súas excentricidades, senón tamén por liderar o chamado clan dos 'Morones', unha organización vinculada ao tráfico de drogas, extorsións, tiroteos en plena rúa e outros delitos. De feito, o seu irmán foi condenado en 2017 a sete anos e medio de cárcere pola Audiencia Provincial de Pontevedra por planear, de común acordo con outras cinco persoas, a subtracción dunha partida de cocaína que posteriormente destinarían á venda. E o propio Sinaí xa foi detido e está sendo investigado por un caso de extorsión.

Este é o vídeo que levou de novo a Sinaí Giménez a converterse nun dos personaxes do momento obxecto de sátiras en Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta