Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2018 | Actualizada ás 14:01
O pasado 20 de xaneiro Turquia iniciaba co beneplácito de Rusia e Estados Unidos a operación “Ramo de Oliveira” para expulsar ás Unidades de Protección Popular (YPG, polas súas siglas en kurdo) do cantón de Afrín, un lugar étnicamente curdo e que os turcos consideran unha ameaza para as súas fronteiras ao considerar que son alidados do PKK.
Poucos días despois –en torno ao 26 de xaneiro-- chegaba a capital dese cantón, procedentes da autoproclamada Federación do Norte de Siria (Rojava), un grupo de voluntarios extranxeiros de Europa, América e Asia para axudar aos curdos a loitar contra as “fascistas” forzas turcas. Entre eles, ademais de canadianos, chineses, estadonidenses, holandeses, franceses e bretóns había un galego, Samuel Prada León, de Ourense.
"O camarada Kendal veu de Francia a Curdistán e o camarada Baran veu de España. No verán de 2017, ambos uníronse aos cadros das Unidades de Protección do Pobo (YPG), e xogaron un rol activo na loita contra o reaccionismo do ISIS [Estado Islámico]", apuntaba un comunicado emitido polas YPG/J entón. "Ambos os camaradas fixeron grandes esforzos para liberar as principais bases do ISIS, como as cidades de Raqqa e Deir Ezzor, e participaron continuamente na guerra durante meses", engadía.
LOITAR CONTRA OS “FASCISTAS” TURCOS
O grupo de once milicianos estranxeiros que chegaron a Afrin a finais de xaneiro veu e a combatir contra os “fascistas” turcos e sabían do perigo ao que se enfrontaban. De feito, nun vídeo distribuído polas YPG podíanse ver a distintos membros dese grupos, entre eles, ao bretón asasinado. Crese que Samuel era un dos que aparece encarrapuchado. "Combatemos o terrorismo fascista que agora está baixo unha nova bandeira, a turca", aseguraba un dos milicianos no vídeo anterior, ditribuído polos curdos.
“Nós, os combatentes internacionais das YPG en Rojava, viñemos a Afrín para loitar contra o Estado fascista de Turquía”, dicía e lembraba as operacións realizadas contra os terroristas de EIIL (Daesh, en árabe) nas cidades sirias de Deir Ezzor (este) e Al-Raqa (norte). “E agora tamén imos facer fronte tamén aos fascistas turcos en Afrín”, sinalaba. “Loitaremos ata a morte contra os turcos terroristas... Non quedaremos cos brazos cruzados mentres os territorios que recuperamos de Daesh estean a sufrir unha nova invasión”, indicaban algúns destes loitadores.
OPERACIÓN EN YANDARIS
Dous deles, Samuel e o seu amigo bretón, falecían o pasado día 10 de outubro. Sjoerd Heeger, holandés, morría uns días despois. A YPG non facilitou o lugar da súa morte pero algunhas fontes apuntan que podería ser en Yandaris. A localidade, ao sueste de Afrín capital, que leva varios días baixo un intenso fogo da artillería turca e das súas milicias islamitas aliadas. O día no que morreu o galego foi, precisamente, a xornada máis negra para a operación “Rama de oliveira”: 11 soldados turcos morreron e once resultaron feridos, en parte pola derribo dun helicóptero, a mans das YPG, tal e como se pode ver no video anterior.
Baran Galicia (choiva de Galicia) e o seu amigo bretón Olivier François Jean Le Clainche, Kendal Breizh (cantil de Bretaña) levaban xuntos desde a campaña de Deiz Ezzor e compartiran xa varias misións conxuntamente. Os dous estaban en Sinyar (Irak), antes de trasladarse, novamente a Siria para combater en Afrin e os dous foron por propia vontade. De feito, o bretón é o que fala no vídeo no que se pode ver a estes milicianos antifascitas. Os medios turcos cualificaron xa aos tres asasinados como “terroristas”.
MENSAXE DE APOIO DOS "CAMARADAS" BRETÓNS
Pola súa banda, medios como a Agence Bretagne Presse publicou un comunicado dos "camaradas" e amigos do bretón asasinado cando o colega galego. Nel destacan a decisión voluntaria de "Olivier" de loitar en Siria contra os fascismos islamita e turco polas súas "ideas libertarias e revolucionarias".
"El partillaba cos seus amigos curdos, árabes e iazidies as ideas antiimperialistas, antifscistas, antisexistas, ecolóxicas e por un municipalismo libertario, respetando o dereito de todos os pobos a controlar o seu destino", recolle a note. Ademais critica a deriva fascista do estado turco e a inactividade de Rusia, Estados Unidos ou Europa que "so ven polos intereses das súas clases dirixentes". "Só a solidaridade entre os pobos contra os estados imperialista pode pemitir avanzar nunha democracia real", indica.
Este é o comunicado publicado en francés:
Notre ami Olivier est parti en tant que volontaire breton pour aider à la défense et au développement de la révolution au Rojava.
Il y est décédé le 9 février suite à un bombardement opéré par les forces turques de Recep Tayip Erdogan.
Ses idéaux libertaires et révolutionnaires l’avaient conduit à s’intéresser à l’expérience politique du Rojava, puis à s’engager aux côtés des forces kurdes et de leurs alliés (arabes, yézhidis…). Il partageait avec elles des idées anti-impérialistes, anti-fascistes, anti-sexistes, écologiques et pour un municipalisme libertaire, respectant le droit de tous les peuples à maitriser leur destin.
Après s’être formé auprès des YPG (Unités de Protection du peuple), il a rejoint le bataillon international avec lequel il a combattu l’organisation terroriste Daesh d’abord à Raqqa puis dans la région de Deir-Ezzor.
Alors que la lutte contre l’ « Etat islamique » touchait à sa fin, une autre organisation de terreur, étatique cette fois, à savoir la Turquie d’Erdogan, a lâchement attaqué un des rares cantons de Syrie encore épargné par la guerre, que ce soit celle d’Assad contre son propre peuple ou celle de Daesh contre le monde. Cette région servait de refuge à une partie de la population syrienne.
Notre ami s’est alors immédiatement porté volontaire pour combattre cette nouvelle menace, alors qu’il commençait à penser à son retour parmi les siens.
L’absence de réactivité – voire la complicité – des grandes puissances face à la tentative turque de génocide à Afrin montre clairement que ce n’est pas à elles qu’on peut faire confiance pour lutter contre les dérives fascistes. La Russie, les Etats-Unis et l’Europe n’ont en vue que les intérêts de leurs classes dirigeantes. Au contraire, seule la solidarité entre les peuples contre les états impérialistes permet de faire avancer une réelle démocratie.
Même si tous ses amis ne partageaient pas la radicalité de son engagement, et l’appréciaient principalement pour son caractère enjoué et sa générosité, nous sommes convaincus qu’Olivier est mort pour une cause juste : celle d’une société libertaire, égalitaire et écologique.
Un rassemblement pour lui rendre hommage sera organisé prochainement.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.