Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/03/2018 | Actualizada ás 17:05
O Celta de Vigo e o concello non pecharon as feridas sobre a ampliación de Balaídos. Unhas feridas que poden acabar en ruptura total. De feito, o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, manifestou que as relacións co Concello de Vigo e o alcalde, Abel Caballero, están "seriamente danadas".
De feito, Mouriño anunciou que "pese a quen lle pese, e vaille pesar moito, o proxecto da cidade deportiva" en Mos "vaise a facer", puxo en dúbida que o Celta siga xogando no estadio municipal de Balaídos. Así o trasladou este luns nunha rolda de prensa, despois de que o Concello de Vigo emitise a finais da semana pasada un informe relativo á modificación puntual do Plan Xeral do municipio veciño de Mos (para a construción da cidade deportiva do Real Club Celta) no que advirte de que dita modificación "non se axusta enteiramente a dereito".
O presidente do RC Celta mostrou o seu "asombro e estupor" ante este informe, co que entende que o Concello olívico "desmárcase dos acordos" que subscribiran ambas as entidades, "e o único que fai é confundir ao Celtismo e á cidade".
Neste marco, remarcou "con rotundidade" que "é legal absolutamente todo" o proxecto para a cidade deportiva do Celta na localidade de Mos, e espetou ao alcalde que se o cuestiona é que "non o estudou ben ou quere entorpecer unha vez máis o proxecto deportivo do Celta".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.