Por E.P. | OURENSE | 04/04/2018 | Actualizada ás 15:39
Axentes do Seprona da Comandancia da Guardia Civil de Ourense interviñeron a un veciño de Celanova un abrigo de lince ibérico que se ofrecía nunha páxina de compravenda en Internet por 3.000 euros.
Segundo informou o Instituto Armado, detectaron que nunha páxina web habitual de compravenda se ofrecía un abrigo de lince ibérico ao prezo de 3.000 euros. Así, concertada unha entrevista "como simples interesados" e realizada a mesma, os axentes, previamente identificados, relatan as mesmas fontes, procederon á aprehensión da peza.
Así mesmo, comunicáronlle ao seu posuidor a denuncia ao Regulamento CE 338/97 relativo á protección das especies de fauna e flora silvestre e á Lei 42/2007 de Patrimonio natural e Biodiversidade, dirixida ao xefe de Inspección, Certificación e Asistencia Técnica de Comercio Exterior de Vigo, do Ministerio de Economía e Competitividade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.