Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2018 | Actualizada ás 20:29
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lavou as mans e fixo un chamamento á "unidade" do Partido Socialista en Galicia no conflito existente no PSOE provincial de Lugo derivado das discrepancias entre o goberno da Deputación e o vicepresidente desta institución, Manuel Martínez, pola xestión das residencias de maiores que dependen do organismo provincial. Algúns dirixentes socialiaslistas acusan a Martínez de ter un pacto co PP.
Preguntado ao respecto despois de presidir a reunión da executiva nacional da súa formación en Ames (A Coruña), Caballero asegurou non facer "futuribles". "Traballados días a día, non facemos futiribles e estamos pegados ao pé do país. Onde hai un problema estamos a dar alternativas pendentes dos veciños", manifestou.
Do mesmo xeito, chamou a "fortalecer" ao PSdeG e a "marcar unhas posicións políticas fortes" desde a "unidade da organización" para "permitir que estas políticas de progreso cheguen a toda a cidadanía".
Gonzalo Caballero presidiu este luns en Ames (A Coruña), a primeira das reunións que a executiva do PSdeG fai fóra da sede do partido en Santiago de Compostela, co obxectivo de achegarse á militancia e aos seus cargos institucionais por todo o territorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.