Pintan a muralla de Lugo e colgan un vídeo en redes sociais

"Giorgi, Ale, Ale", escribiu unha moza neste patrimonio da humanidade mentres gravaba un vídeo que logo pendurou en Instagram.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 16/04/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

"Chicas", isto é a o que se escoita de fondo despois de rematar o seu traballo orgullosa. Nin mais nin menos que escribir nas lousas superiores do antepeito da muralla romana de Lugo algo semellante o seu nome e o que semella ser o das súas amigas "Giorgi, Ale, Ale".

O feito foi levado adiante por unha rapaza á que, non so se lle ocorreu a brillante idea de escribir na muralla, senón tamén filmalo co móbil e pendurar o vídeo na rede social Instagram cunha privacidade aberta. Nel, como se ve, a moza, no mellor dos casos cun xiz ou no peor cunha pedriña, escribe ou grava os nomes no monumento Patrimonio da Humanidade.

Pintada feita na muralla de Lugo
Pintada feita na muralla de Lugo | Fonte: Instagram

No portal Historia de Galicia alguén colgou xa o nome e fotos das rapazas que terían realizado esa desfeita. Vídeo e máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta