Temas: DóLMEN DOMBATE

Como coñecer o megalitismo galego grazas a Dombate

Un obradoiro ensinaralle á rapazada a experimentar os modos de vida do neolítico, así como comprender o fenómeno do megalitismo.

Por Galicia Confidencial | Cabana de Bergantiños | 15/05/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e máis o Concello de Cabana de Bergantiños están decididos a converter o Dolmen de Dombate no epicentro do turismo cultural da Costa da Morte. E é nesta primavera cando o Concello ten planeado darlle o gran pulo ó monumento. Para isto, manterá visitas guiadas en horario estendido, desenvolverá obradoiros didácticos abertos a diversos niveis de ensinanza e repartirá folletos e mapas elaborados polo GDR Costa da Morte. 

Dolmen de Dombate.
Dolmen de Dombate.

Para isto ó longo deste mes de maio, e ata o 30 de xuño, o monumento contará cun programa de visitas guiadas en horario estendido. Serán de martes a venres de 10.00 a 14.00 e os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. As visitas estarán guiadas por Ángel Eiroa, máis coñecido como Lito, histórico guía dos monumentos de Borneiro. O obxectivo é o de manter co bo tempo o tirón de visitas que o monumento recibiu durante a Semana Santa, chegando a recibir máis de 400 nun so día.

O Concello tamén pretende manter o tirón dos obradoiros didácticos, que se veñen desenvolvendo dende vai algún tempo. Farase cunha campaña intensiva de actividades sobre a prehistoria que dirixirá Galipat Servizos Culturais, enfocados a que os rapaces e mozos de diversas idades se acheguen á vida das sociedades que habitaron este territorio 6.000 anos atrás. Así nos obradoiros orientados a mozos dende Infantil ata Bacharelato participarán colexios e institutos como de concellos da contorna como Laxe, Carballo, Santa Comba ou Cee así como outros de lugares tan afastados como A Coruña, Oleiros, Arteixo, Santiago, Bertamiráns, Pontevedra ou Lugo, ata un total de 41.

COÑECER O MEGALITISMO

Sen dúbida o que máis destaca neste programa de actividades no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate é a excepcionalidade dos obradoiros a desenvolver. Deseñados especificamente para cada ciclo escolar, teñen como obxectivo que os rapaces comprendan por eles mesmos tanto os sistemas de produción da cultura material relacionada co megalitismo, como o traballo dos arqueólogos e arqueólogas. Terán como obxectivo coñecer e experimentar os modos de vida do neolítico e os cambios que supuxo esta etapa, axudar ós alumnos a comprender o fenómeno do megalitismo e o propio dolmen, así como comprender a importancia do Patrimonio Cultural e en xeral a importancia dun uso responsable dos recursos.

Recreación dunha escena do Neolítico en Dombate
Recreación dunha escena do Neolítico en Dombate | Fonte: Galipat

Entre os obradoiros destacan o de pinturas máxicas, orientado a rapaces de 1º e 2º de Primaria, o de tecido, cerámica e ondas sonoras, para rapaces de 3º ata 6º, o de gravaduras e o de arqueoloxía orientados a estes e máis os de 1º e 2ºde ESO. Para os rapaces de Bacharelato reserváronse os de alumeado, no que se pode aprender a facer lume dun xeito natural, e o de Azagaias, arcos e frechas, centrado na caza. Os obradoiros que serán desenvolvidos dun xeito didáctico e práctico, e que estarán acompañados da propia visita ó xacemento, terán unha duración dunha hora. Será, sen dúbida, un oportunidade única para os rapaces de comprender a vida no neolítico ó pé dun dos monumentos desta época máis importantes de Europa. Do medio colaborador Historia de Galicia.

Temas: DóLMEN DOMBATE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Lupa

Este artigo non é máis que parte do "monumental" lavado de imaxe que dende o Concello esté a desenvolverse no Dolmen de Dombate, máis cando José Muiño, o rexedor de Cabana, foi chamado a declarar polo servizo de patrimonio da garda civil por un delito contra o patrimonio cultural. E acaba de saberse que ten outra causa aberta por corrupción pura e dura nos xulgados de carballo. Unha marabilla de tipo, non cabe dúbida.

2 Tixola

Máis ben deberíamos dicir, cómo vender floreada a desfeita do PP en Dombate. Alén da cuberta, que pode gustar ou non, a utilización do alcalde e a súa caterva do monumento é penosa por momentos. Xa nos olvidamos do acto de inauguración da autovía da Costa da Morte coa Conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez e outros da plana maior do partido?

1 Estralampa

Que horror de cuberta lhe colocarom à proba mamoa..!!!

1 xandasbolas

horrorosa cuberta...horrorosos xestores !!!