Luca Chao sobre o desafío de Cerna: "Son fórmulas do pasado"

A deputada rupturista Luca Chao acusou a Cerna de tratar de converter En Marea en "un partido clásico" co seu chamamento, efectuado este venres, a que os partidos que conforman o espazo político "se disolvan" en favor da participación a título individual das persoas inscritas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2018 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A deputada rupturista Luca Chao acusou a Cerna de tratar de converter En Marea en "un partido clásico" co seu chamamento, efectuado este venres, a que os partidos que conforman o espazo político "se disolvan" en favor da participación a título individual das persoas inscritas.

Luca Chao
Luca Chao | Fonte: @LucaChao_

"É coherente coa liña que Cerna leva mantendo, que pretende facer de En Marea un partido tradicional", asegurou este venres a parlamentaria Luca Chao --membro de Podemos Galicia--, en declaracións aos medios por mor da comparecencia de prensa celebrada horas antes pola coordinadora de Cerna.

Nela, a compañeira de Chao no Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Cerna, Paula Vázquez Verao, fixo un chamamento aos partidos que conforman o universo rupturista a "disolverse" en En Marea para, deste xeito, aparcar as "posicións partidistas" e que a "soberanía" do espazo político recaia nas persoas inscritas e non "nas cúpulas" das organizacións.

Cuestionada sobre iso, Luca Chao censurou que Cerna "non entendeu absolutamente nada do que viñemos facendo en Galicia desde o inicio da confluencia". "A maioría social que apoia En Marea non quere un partido horizontal no que uns manden e outros decidan; queremos outra cousa", apostilou.

Nesta liña, critica o movemento de Cerna porque entende que busca converter a En Marea nun "partido tradicional", que cre unha "fórmula do pasado" que "só son válidas para organizacións do pasado, que non é nin debe ser En Marea".

"(En Marea) Ten que ser outra cousa, un espazo moi diferente ao que queren construír organizacións como Cerna", concluíu Chao, aliñada co sector crítico coa dirección de En Marea, encabezada por Luís Villares e apoiada en organizacións como Cerna, certas mareas municipalistas e un grupo non oficialista de Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 O'HIGGINS

Que monada! Por que non comezamos a falar de limitar mandatos, de que xa tivestes unha oportunidade de traballar (?) na política e agora toca relevo. Que o voso tempo xa pasou: Luca, Paula, Pam, Alexandra, Toné, Yoli (prorrogada), Fernán Vello, Antón (estirado)... Seguro que, sexa quen sexa o substituto, non vai ser tan inútil como fostes vós (os teledirixidos por Madrid). Veña monada, aproveita, traga mentres es cargo público, que se hai dignidade desapareceredes por ser un estorbo para o povo, conformades unha neocasta de vividores maleducados e submisos a Pablo Iglesias, o señorito de Galapagar. Sen a súa sombra non sodes nada: o sol evapora as lesmas!

6 chindasvito

O pasado sempre se vé polo retrovisor

5 Pondaliao

Aiiiii qué riquiña. Tén que ser outra cousa dí a podemita. Estes pretenden enganarnos dúas veces. Unha cousa teño clara: quén perde con estes monicreques é Galiza

4 pudimos

Aprobar unha cousa en Vigo e agora defender a colición tradicional de Izquierda Unida bis mandada de Madrid. En Galicia xa non funcionou co Bloque, iso andades a inventar agora, máis reseso ca o pan de bocata de feira. Quen te viu e quen te ve

3 win to win

Luca, queredes chupachupa? Escoitei falar a nena-mimada, pijo-rupturista, no Telexornal da TVG e quedei abraiado! Unha cousa é lelo, que xa fai proer a vista... Agora, escoitala, con ese mimo cadencioso, con esa risinha burlona de trepa acomodada, iso xa fai moito dano á decencia! Lembrei como tratastes a Villares, si o de "hijo-de-puta" dos teus Luuuuuca Chiiiiao, da Pauuuuula Quinteiiiiro, da Paaaaam, do curriculo falseado, da patera asquerosa, do cretinos.... E despois de defecar, acorda limparte e tirar da cadea! Que con colonia non sae, que a comida dos chiringuitos apesta e que se precisa moita ventilación para quitar as ratas de Podemos que inzaron na Marea!