Os críticos non queren eleccións anticipadas nin formacións "franquicias" de En Marea

Críticos de En Marea --que integran Podemos, EU e Anova-- difiren de Villares e da dirección e insisten na "autonomía" das mareas municipalistas. Tamén hai uns días IU e Podemos anunciaron que queren impoñer as súas siglas nas municipais, algo que tamén denuncia o sector oficial de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2018 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O sector crítico coa dirección de En Marea afeou que o portavoz rupturista, Luís Villares, non agardase ao pronunciamento do "consello político" da organización e pedise publicamente a convocatoria de eleccións no caso de que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, abandone a Xunta para relevar a Mariano Rajoy á fronte da dirección nacional do PP.

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas

"Criticamos que se fixese esa declaración cando non había unha posición tomada polo Consello das Mareas. É o consello político quen ten que tomar a decisión", declarou Gladys Afonso (Anova), que actuou como portavoz do sector crítico coa dirección de En Marea ao termo da reunión do Consello celebrada este sábado.

Así, Afonso, acompañada por Daniel Calvete e Oriana Méndez (tamén de Anova), asegurou que, para o sector crítico de En Marea, "non é o momento de solicitar unhas eleccións anticipadas senón de reclamar que o PP renda contas diante do pobo galego". Unha posición que tamén se comparte no PSOE e en Podemos.

Deste xeito, os críticos --enfrontados desde fai máis dun ano ao sector que controla os órganos políticos de En Marea-- difire do criterio da dirección e de Villares, que reclamaron no Consello da formación deste sábado a convocatoria de eleccións autonómicas se Feijóo dá o salto a Madrid e decide deixar a Presidencia da Xunta de Galicia.

Para este grupo (integrado por representantes de Anova, EU, Podemos e algunhas mareas municipalistas como Marea Atlántica), a reclamación efectuada por Villares o pasado xoves "tería que ser decidida amplamente pola dirección política e o conxunto de inscritos" antes de que o portavoz "saíse á palestra cun tema deste calado".

"FRANQUICIAS"

Por outra banda, acusaron á dirección do partido instrumental de querer crear "franquías" nas distintas localidades co seu ofrecemento para que En Marea sirva de marca "paraugas" nas eleccións municipais do próximo ano de cara a aumentar o peso das mareas nas deputacións.

Así, após defender que as mareas municipalistas deben gozar de "autonomía", aseguran que articular os proxectos locais baixo a "marca" En Marea "vai en contra da autoorganización das clases sociais populares galegas que con iniciativa, independencia e autonomía decidiron en 2015 tomar as rendas do seu destino".

Os críticos cren que En Marea debe limitarse a "apoiar" as súas decisións e "non impor nin marcas nin franquías". "Son as mareas as que teñen que decidir como queren coordinarse e organizarse", engadiu Gladys Afonso. Unha crítica que, curiosamente, fan os tamén sectores oficiais a IU e Podemos por querer impoñer as súas siglas nas municipais, europeas e autonómicas. De feito, un dos argumentos utilizados por Pablo Iglesias é ir baixo un mesmo "paraugas" para ter máis poder nas deputacións. Sobre esta postura, Anova aínda non se ten pronunciado de xeito oficial. .

Respecto ao reto lanzado desde Cerna para que os partidos que conforman En Marea "se disolvan" en aras de facer que na organización rupturista só existan persoas a título individual e non formacións políticas, os críticos evitaron pronunciarse porque consideran que se trata de "unha decisión" da propia Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

22 Centroeuropeo

Estes mal chamados críticos non queren franquicias de En Marea, pero non lles importa ser franquicia de Podemos-IU. Que mágoa ANOVA, constantemente humillada e ninguneada polos seus compañeiros de "unidade popular" teledirixidos desde Madrid, pero que prefiren ese bulling a sentar arredor dunha mesa cos seus antigos compañeiros de Cerna, Abrente, CxG, etc. Disque son de dereitas (Ferrín). E Beiras calado...

21 Gamela

alguns estamos fartos da inoperancia absoluta da chamada Marea de Vigo !!! vanlle dar outros catro anos de sillón ? https://flic.kr/p/ULcmVh

1 Gamela

Non sei por que non vai o enlace de Flickr !!! https://flic.kr/p/ULcmVh

20 Bernal Calvo Delaciga

Se alguén ten estómago suficiente para ler os "comentarios" (por lle chamar algo) desta típica entrada do GC, poderá comprovar en que estado quedou a saúde mental de boa parte da militancia (b)loqueira despois de Amio. Medo dá que esta xentiña poda gobernar algún día Galiza.

1 Richard Colhom de Lion

Que ben escribes, incluso parece que estás alfabetizado. Non chegas ao nivel dos culturetas pero casi. Tá tú amaideach ach is breá liom tú.

19 comunista independentista

Nada novo. Trolls do Bloque/Pp vomitando bile contra as fobias políticas que tanto os atormentan. Levan dende 2012 en estado de shock e non coñecen máis tratamento paliativo que pasar os días ladrando pola rede os mesmos "comentarios" repetitivos ateigados de odio, mentiras, insultos e resentimento. Nada novo, todo vello, circulen.

1 Josu Eneko

Xa che pasou a resaca? Sodes vós os que andades a pedradas non son os peposos ou os bloqueiros os que volas tiran. Algo que tampouco entendeu o bng antes de Amio. Non hai futuro para as mareas, un reboutallo de comunistas, españolistas, rebotados, desherdados socias, peludos... O único que tiñan en común era o odio a un sistema que non os tratou ben. Pero hai que fo.der.se e serrar debaixo.

2 Harry

Non te caben os "ghuevos" nunha carretilla. Tódolos días vendo liortas internas das innumerables faccións da sucursal de Podemos en Galiza e a culpa é do PP e do BNG. Hai bos psiquiatras, busca un.

3 arredista

Liortas internas hai en todos os espazos políticos. Outra cousa é que os medios de comunicación do sistema minimicen as liortas dos seus palanganeiros (PP, PSOE, BNG, CXG, C´S...) e --por outro lado-- hiperbolice as dos espazos que lle resultan incómodos (antes AGE, agora Marea, Podemos...), eis a diferenza, Harry el sucio.

4 DelChachachá.

La culpa es de la voz, del bloque, del pepé, de la teuvegá y de del galicia confidencial. De la ciga y la upegá. Y de la marea? Jamás! Fora cachondeo: andades a dar espectáculo pois que queredes? Que chorades? Non hai dia que un marea non se afuciñe a un micro para afouciñar a un compañeiro. En sentido figurado, claro. Non chamemos pola desgraza que a xente tenche mal beber.

18 Pondaliao

Cágome na socialdemocracia e en todos os partidos do arco parlamentario!