Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2018 | Actualizada ás 20:33
Para iso, tal e como informou a Xunta nun comunicado, este martes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega á presidenta de Sogaps, Maite Isla, dos documentos acreditativos que garanten a asistencia sanitaria durante as vacacións de verán a estes nenos.
Así, explicou que a colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade galega co pobo saharauí inclúe a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas. En concreto, o Goberno galego sinalou que a cobertura sanitaria inclúe a atención nas consultas, servizos e centros de saúde, así como a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos.
Ás anteriores coberturas engádense as actividades programadas en materia sanitaria, como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación, ademais de programas de atención á infancia e urxencias.
Polo que respecta á atención especializada, a Xunta indicou que se inclúe a asistencia ambulatoria en consultas, que pode abarcar procedementos cirúrxicos menores; no hospital de día, que afecta á asistencia médica, cirúrxica e pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos diagnósticos; e en réxime de hospitalización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.