Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/06/2018 | Actualizada ás 13:20
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) fixo público un pequeno vídeo da liberación da tartaruga Antares, atopada en decembro do pasado ano medio morta na costa galega e que, tras un proceso de recuperación, volveu ao mar.
Na súa recuperación e liberación participaron moitas persoas e entidades: os tripulantes do barco Antares que a recolleron e contactaron con CEMMA a través do 112; o persoal da Gardería de Medio Ambiente da Xunta que facilitou o seu traslado; o persoal de diagnóstico por imaxe do Hospital Veterinario Rof Codina da Universidade de Santiago, no campus de Lugo; o persoal da Arca del Mar do Oceanogràfic Valencia; o persoal, profesorado e alumnado do IGAFA; a Sociedade Portuguesa de Vida Selvagem e o voluntariado e servizo veterinario de CEMMA, que coordinou cada paso dado, e para o que se contou con financiación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.