Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 15:55
O exvicepresidente da Xunta e profesor de Ciencias Políticas Xosé Luís Barreiro Rivas afirmou que o expresidente galego Xerardo Fernández Albor, e el, aínda que eran "moi diferentes", "sempre" se complementaban.
Sobre a súa saída do goberno de Albor, que se debeu a un reproche a unha iniciativa de Albor nunha mesa de goberno, Barreiro avogou por "separala" da moción de censura, "que veu moito despois".
Así as cousas, destacou o labor do expresidente falecido este xoves aos 100 anos na "cimentación da autonomía galega". Nunha entrevista na TVG, Barreiro resaltou así mesmo a "concepción idílica" que Albor tiña da política.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.