O concello de Viana do Bolo repartirá bandeiras galegas para pendurar dos balcóns o día 25 de xullo

Dende o concello sinalan que hai que "dar un paso adiante como pobo" e facelo sumando as diferenzas porque existen "diferentes visións do País".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/07/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Saber da nosa historia e ter orgullo de país."Orgullosos do pasado, dos recursos patrimoniais, mateirais e inmateriais, etnográficos, ambientais, culturais...", afirma o alcalde do concello de Viana do Bolo. Ao que engade que, o orgullo e as ganas, tamén o sinten para acometer o futuro: " debemos ter tamén confianza e ambición para a Nosa Terra". Por iso, o concello de Viana do Bolo agasallará con bandeiras galegas para perdurar nas fiestras, nos balcóns e así celebrar o Día da Patria. Estas bandeiras poderán recollerse este luns 23 e o martes 24, de 10:00 a 14:00 nas oficinas municipais.

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas

Así, o alcalde asegurou que "Galiza precisa dar un paso adiante como pobo para deixar atrás as dependencias e as subordinacións que nos negan o futuro. Galiza precisa dese orgullo debémosllo a todas as mulleres e a todos os homes da estirpe de Rosalía, de Castelao e de Bóveda". Aos milleiros de persoas que loitaron por Galicia ao longo do tempo.

Esta iniciativa responde a reafirmar o "compromiso de loita" para que Galicia sexa "dona do seu futuro", dende a esperanza dun cambio real para construír democracia e "deixar atrás precariedade, emigración, agravios, discriminación". E todo isto, sinalan, dende a suma. Dende a diferenza, porque non existe unha única visión de país. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Galegus

Bandeiras galegas si! bandeiras manchadas coa asquerosa estrela vermella: non

1 Tumaka

Cóidate que un día vaiche dar un infarto. Podes comprar un renault, podes comprar un mercedes... Podes poñer unha bandeira galega ou unha española, ou unha galega coa estrela vermella... Chámase tolerancia e tu careces dela.

2 Galegus

Seguro que si te ponen una esvástica sobre la bandera gallega, también la toleras, a que sí?