Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2018 | Actualizada ás 15:17
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no acto de entrega das Medallas de Galicia 2018, enxalzou a Constitución española como defensa da "identidade propia" de Galicia e a súa "autonomía para participar no Estado", nunha Carta Magna que "está impregnada tamén dun constitucionalismo galego".
A entrega das Medallas, celebrada na Cidade da Cultura, converteuse nun acto en defensa da Constitución, coa entrega dos distintivos deste ano 2018 a tres presidentes do Tribunal Constitucional: Álvaro Rodríguez Bereijo, María Emilia Casas Baamonde e Juan José González Rivas, dos que se destacou a súa orixe galega, nalgúns casos, por orixes familiares, a pesar de que dous deles --María Emilia Casas e González Rivas-- naceron na Comunidade de Castela e León.
O presidente da Xunta enlazou no seu discurso a "feliz recuperación do Pórtico da Gloria" e o "Pórtico político de Galicia" que se abriu en 1981 coa autonomía galega, para manifestar que "nin os valores artísticos que expresa o Pórtico nin os principios que recolle a Constitución son alleos á necesidade de posibles melloras e adaptacións".
Ao termo da súa intervención, o presidente autonómico tivo palabras de recordo para as vítimas do accidente de Angrois, ocorrido fai cinco anos, nunha "fatídica xornada que cambiou a historia do Día de Galicia, que deixou de ser un día de celebración". "Galicia seguirá tendo sempre presente ás vítimas de Angrois e non se sentirá reconfortada ata que o traballo xudicial termine e aclare que pasou e cales foron todas as causas", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.