Axentes forestais e ambientais en folga piden apoio aos grupos parlamentarios e outras organizacións

Os sindicatos CIG e UXT, en representación de axentes forestais e ambientais que este mércores e este xoves están chamados a unha folga para reclamar mellores condicións laborais, enviaron senllos escritos aos grupos parlamentarios e a organizacións do ámbito forestal para tratar de solicitar o seu apoio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

"Solicitamos o apoio explícito da súa organización para sumar forzas de cara a conseguir unhas condicións de traballo dignas para estes empregados públicos e para o mantemento deste servizo esencial que garanta un medio ambiente adecuado e saudable a toda a cidadanía", destaca o texto.

Folga de axentes forestais e ambientais. REMITIDA
Folga de axentes forestais e ambientais. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Con data de este 25 de xullo, o comunicado remitido a grupos e organizacións denuncia os servizos mínimos "impostos" e subliña que neste contexto é necesario "o apoio social e político" de Galicia nun "exercicio activo na defensa dos servizos profesionais e na defensa do patrimonio forestal, natural e cultural".

No escrito, as centrais lembran a vaga de incendios do pasado outubro e advirten de que supuxo "un aumento da carga de traballo e tamén un aumento do período de alto risco", ante o que, segundo critican, a Xunta "pretende incrementar a carga horaria e recortar dereitos en materia de permisos e licenzas e compensacións, no canto do aumento do cadro, que minguou desde comezos dos 90".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta