Detidos novamente Manuel Charlín e o seu fillo nunha operación contra o narcotráfico

O patriarca do clan de 'Os Charlíns' e un dos seus fillos foron detidos este mércores no marco dunha operación contra o narcotráfico que aínda está en marcha.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

O patriarca do coñecido como clan de 'Os Charlíns', Manuel Charlín, e un dos seus fillos, foron detidos este mércores no marco dunha operación contra o narcotráfico. Fontes policiais confirmaron as detencións, que se produciron durante a mañá deste mércores, na súa vivenda situada en Vilanova de Arousa, no marco dunha operación contra o tráfico de drogas, que aínda está en marcha.

Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho
Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho

Segundo confirmou a Policía Nacional, realizáronse 18 detencións, pero non se descartan máis, no transcurso dun operativo que continúa aberto, e no que se realizaron 30 rexistros, tanto en varias localidades de Galicia como en Marbella, Huelva e Toledo.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, confirmou que se trata dun operativo vinculado co apresamento dun barco preto de Azores, e que navegaba cunha "importantísima" cantidade de cocaína a bordo.

No marco desta actuación, levada a cabo por efectivos policiais dos servizos centrais de Madrid, con cooperación de axentes do GRECO de Galicia, Málaga e Almería, e dirixida polo xulgado de instrución número 4 de Vigo, están previstas máis dunha vintena de detencións.

DETENCIÓNS

Segundo explicou a delegada, prevese a detención de 17 persoas en Galicia e, aínda que recoñeceu que está implicada unha "coñecida familia" da zona de Arousa, evitou entrar en detalles, dado que o xulgado decretou o segredo das actuacións. Ademais dos arrestos en Galicia, tamén están previstas 4 ou 5 detencións noutros lugares de España, posiblemente Andalucía.

Manuel Charlín Gama está en liberdade desde o ano 2010, despois de cumprir diversas condenas por tráfico de drogas. Fora procesado no marco da 'Operación Nécora' desenvolvida polo xuíz Baltasar Garzón no ano 1990 aínda que naquela ocasión foi absolto, aínda que cumpriu diversas condenas posteriores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta