Por E.P. | VIGO | 16/08/2018 | Actualizada ás 11:54
A cifra de persoas atendidas a consecuencia do accidente ocorrido durante a celebración do festival O Marisquiño no Porto de Vigo continúa aumentando e xa se acadan as 467. Un total de seis persoas continúan ingresadas: catro delas permanecen no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), unha en Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Diso informa este xoves a Consellería de Sanidade nun comunicado, que explica que até a data foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais un total de 467 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente.
Por centros, 213 pacientes atendéronse no HAC, 68 no PAC de Vigo, catro no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, sete no Castro, un en Concheiro, catro en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.
A Consellería de Sanidade agradeceu o traballo dos profesionais do 061 e da PAC e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.