Play Off internacional de roller derby na Coruña para esta fin de semana

O Palacio dos Deportes de Riazor será onde se celebre esta fase dentro das competicións da WFTA, a liga internacional de roller derby.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 30/08/2018 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

A competición durará tres días, do 31 de agosto ao 2 de setembro. Nestes encontros poderase observar como se desenvolven as estratexias e técnicas dun deporte que vai cumprir un século de vida. Os encontros entre os equipos asistentes desenvolveranse nun horario de 09:00 da mañá ata as 23:00. Os equipos Negra Sombra de Pontevedra, participarán como voluntarias e tamén As Brigantias da Coruña quen é o equipo organizador destes play off na cidade herculina xunto coa WFTA. Outros equipos de todo o estado participarán tamén como voluntarios.

Cartel anunciador do playoff de Roller derby Coruña
Cartel anunciador do playoff de Roller derby Coruña

O Roller Derby é un deporte de contacto, velocidade e estratexia orixinario dos Estados Unidos nos anos 20.  A mecánica do xogo baséase nunha carreira en patíns tradicionais ao redor dunha pista ovalada nun sentido antihorario. Dous equipos de 5 xogadores cada un na pista, 1 anotador e 4 defensores, compiten entre si co o obxectivo de acumular tantos puntos como sexa posible.

A anotadora está pasando pola defensa que se lles permite impedir e bloquear o seu paso a través do contacto físico regulado. O obxectivo do xogo é marcar máis puntos que o equipo contrario sendo o equipo con máis puntos ao final do xogo o gañador.

Nas páxinas de Facebook e Instagram de Negra Sombra e Brigantias, poderase atopar información sobre o encontro e onde mercar as entradas para esta fase dos campionatos mundiais de roller derby.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta