Traballadores de PSA Vigo terán máis vacacións por problemas de subministración

Se ben os traballadores debían entrar o día cinco de setembro, os problemas de subministración farán que volten de vacacións o día dez.

Por E.P. | VIGO | 29/08/2018 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo atrasou cinco días a incorporación dun milleiro de operarios, despois das vacacións de verán, debido a problemas de subministración das caixas de cambios.

Produción de vehículos/fábrica de automóbiles/Berlingo/planta de coches. GRUPO PSA - Archivo / Europa Press
Produción de vehículos/fábrica de automóbiles/Berlingo/planta de coches. GRUPO PSA - Archivo / Europa Press

Así o trasladou a dirección da factoría, que explicou que esta situación afecta aos operarios do sistema M1, que monta os modelos C-Elysée e Peugeot 301. Estes traballadores, que tiñan previsto volver ao traballo o 5 de setembro, farano finalmente o 10 de setembro, e eses días recuperaranse con cargo á bolsa de horas e aos días de adecuación de xornada.

Ademais dos problemas de abastecemento das caixas de cambios, segundo apuntou a empresa, este sistema de montaxe tamén se viu afectado polo feito de que a depreciación da lira turca está "a penalizar" a venda deses modelos nese país.

Por outra banda, fontes de PSA tamén explicaron que se está "priorizando" a produción das novas furgonetas que se montan no sistema M2. Para garantir dita produción, a planta viguesa está a recibir os compoñentes por transporte aéreo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta