Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 12:05
Así o informou o propio Goberno estatal nun comunicado no que explicou que, este venres 31 de agosto os traballadores xa "non se concentraron" fronte á delegación da Administración, "como viñan facendo dende hai anos" para "reclamar unha saída viable para a factoría".
Por iso, Losada agradeceu o "xesto", á vez que os operarios, segundo asegurou o Executivo nacional, "sinalan a unha nova etapa aberta, baseada no diálogo e compromiso co cambio de Goberno".
Así mesmo, a Administración apuntou que estes traballadores "agradecen" ao delegado "recibilos a pé de rúa, coincidindo coa primeira manifestación tras o cambio de Executivo".
Ademais, segundo sinalou, tamén "destacan" as reunións celebradas co propio delegado; co deputado Ricardo García Mira; e co secretario de Estado de Defensa, Ángel Olivares, nas que "se produciron avances para o futuro da factoría".
Deste xeito, o delegado do Goberno aplaudiu esta decisión e destacou "o esforzo dos traballadores despedidos ao longo deste tempo". Así, mostrou tamén a súa "confianza" en que "se alcance unha saída" para "garantir a viabilidade da factoría" e a "necesaria actividade industrial na Coruña e a súa área metropolitana".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.