Denuncian que xogadores de fútbol son discriminados en Portugal por ser galegos
O Deportivo de Monção acaba de presentar unha denuncia contra a Federación Portuguesa de Fútbol (FPF) por considerar "abusivo e absurdo" que tres dos seus xogadores galegos, que viven a 500 metros da fronteira, teñan que pagar unha ficha federativa 30 veces superior a que paga un xogador portugués.