Por GC Emprende | Compostela | 16/09/2018 | Actualizada ás 19:00
Son Crowdfundig ou o Business Angel sistemas válidos para financiar unha empresa?. A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebra a partir deste luns, e ata o venres 21, un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial”.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. A actividade está destinada a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral.
O taller ten por obxecto que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.