Por E.P. | VIGO | 18/09/2018 | Actualizada ás 17:31
A Xunta confirmou este martes a autorización para a apertura, en Vigo, dunha sala adicional do Casino da Toxa, "unha vez examinada toda a documentación requirida", segundo trasladaron fontes do Goberno autonómico.
Esta sala estará situada no Centro Comercial A Laxe, en Cánovas del Castillo, fronte ao peirao de transatlánticos, e a súa apertura será posible grazas á modificación da normativa autonómica sobre casinos de xogo. Co anterior regulamento, a apertura dunha sala en Vigo obrigaba ao peche do casino da Toxa, xa que só podía haber un casino por provincia.
A autorización para abrir esa sala adicional na cidade olívica "permitirá potenciar e xerar actividade económica directa e indirecta" en Vigo, segundo sinalou a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.