O Concello de Teo envía o informe sobre o plan de restauración de Casalonga

O goberno municipal teense enviou ao departamento de Minas da Consellería de Industria o informe solicitado o pasado 14 de setembro sobre o plan de restauración presentado por Toysal. O plan fai referencia á concesión da explotación da antiga canteira.

Por Galicia Confidencial | Teo | 25/09/2018 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

No informe o técnico municipal considera que "existe un erro en canto ao ámbito sobre o que se debe desenrolar a restauración da explotación Casalonga que deberá ser subsanado para continuar coa tramitación do expediente". O informe municipal, nesta tramitación, non é vinculante nin leva a un peche automático do expediente.

Cadea humana Casalonga
Cadea humana Casalonga | Fonte: Moncho Ribadulla

En relación co plan de restauración presentado, o alcalde, Rafael Sisto, destaca que "non se pode utilizar un plan de restauración dunha canteira abandonada para instalar un vertedoiro". A normativa para a restauración das canteiras está pensada para reparar as consecuencias dunha actividade económica prioritaria, a explotación mineira, "pero Toysal pretende utilizar fraudulentamente esta norma para unha actividade na que o negocio se atopa no lixo que quere enterrar na restauración e non na explotación dos dereitos mineiros adquiridos" indica Sisto.

Dende o Concello aseguran  que "traballaremos para evitar esta utilización perversa da normativa de minas que busca evitar as limitacións medioambientais". Incide o alcalde en que "reclamamos da Xunta que adapte a regulamentación para evitar este tipo de proxectos que, unha vez autorizados, nin a propia administración autonómica é quen de controlar".

Esta mañá tamén houbo unha xuntanza das forzas políticas teenses e a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, coa Directora Xeral de Calidade Ambiental. No encontro xa se lle trasladou o rexeitamento frontal da veciñanza e das forzas políticas ao plan de restauración presentado por Toysal. 

PLAN DE RESTAURACIÓN

A empresa Toysal recolle no documento presentado na Xunta o listado de materiais cos que pretende encher o oco da canteria xa explotada. Concretamente son inertes obtidos dos seguintes procesos: residuos de prospección, extracción de minas e tratamentos físicos e de minerais, residuos de procesos térmicos, da construcción e demolición e residuos municipais.

Segundo o mesmo documento, o volume total de inertes que queren empregar na restauración será de 9.186.694,4 metros cúbicos. O plan recolle que "segundo se remate a fase de remodelación do terreo, é dicir, o recheo do oco de explotación, progresivamente se procederá ó estendido da capa de material coas características necesarias para que se produza unha correcta revexetación. Esta última capa podería ser a propia terra vexetal, retirada e acopiada previamente á explotación do recurso, ou un substituto da mesma como poden ser como poden ser os tecnosolos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta