Por E.P. | LUGO | 28/10/2018 | Actualizada ás 19:39
O condutor dun coche faleceu na tarde deste domingo despois de saír da vía e chocar contra unha árbore co vehículo que conducía en Portomarín (Lugo).
En concreto, segundo informa o 112, o sinistro sucedeu sobre as 14,00 horas en Camporredondo. Até alí acudiron os servizos de emerxencias tras recibir as chamadas dos veciños que informaban dun coche envorcado fóra da calzada.
Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do coche, polo que o 112 pediu a colaboración dos bombeiros de Chantada e do GES de Monterroso.
Con todo, nada puideron facer por salvar a vida do único ocupante do turismo, cuxo falecemento foi comunicado poucos minutos despois polo equipo médico desprazado até o lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.