En Marea ou a crónica dunha morte anunciada

Que vai pasar na segunda formación do Parlamento galego logo da esperpéntica asemblea vivida esta fin de semana?. Esta é a crónica dunha deriva política que, de non atopar solución, rematará como a novela do gran Gabriel García Márquez, especialmente, entre dous sectores do nacionalismo galego que conviven neste espazo. E se chega esa morte anunciada do nacionalismo, quedará ese espazo libre para outros actores como Podemos ou EU?

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/10/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

En 2012 o BNG rachaba á metade. Milleiros de persoas acudían a histórica asemblea de Amio, en Santiago de Compostela, que resultou a máis bronca da historia recente desta formación. Moitos dos que estaban entón no BNG, están hoxe en En Marea e volven reproducir seis anos despois os mesmos erros que case que afundiron ao BNG electoralmente. 

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo

E por que lembrar Amio?. Porque Amio estivo na boca dos moitos dos asistentes a asemblea, tamén histórica e tamén en Santiago, que En Marea celebrou esta fin de semana. Unha asemblea na que os críticos enmendaron de plana as políticas da actual dirección de Luís Villares e na que tamén se reproduciron comportamentos inauditos e case esperpénticos como os vividos hai case sete anos. 

En Marea sae desta asemblea moi tocada. Tan tocada que será difícil endeireitar o seu rumbo. Xa non se trata de alianzas ou consensos entre os sectores enfrontados, senón de conseguir dominar o partido, a marca. Esa é a nova guerra entre os críticos, que agora son os oficiais, e os oficias que agora pasan a ser os críticos.

GUERRA NACIONALISTA

Porque neste crebacabezas é difĺicil saber quen está con quen. As loitas en En Marea son, principalmente, entre o sector nacionalista. Ese sector que, dun ou doutro xeito, formou parte do BNG, e mesmo da UPG,  e que logo tamén marchou e fendeu esta formación. Antes aliados, en Amio, e agora inimigos.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea | Fonte: E.P.

A metade de Anova, na que está a FPG, apoiada por sectores podemitas e de Esquerda Unida, e as mareas das principais cidades, contra a outra metade de Anova, Cerna e independentes afíns a Luís Villares, e outras candidaturas locais. Unha guerra fraticida entre dous clans que, de estourar, abrirá unha fenda e unha ferida que xa, nunca mais, será pechada polo nacionalismo.

E, quizais, aí estea a chave para entender certas estratexias dos principais actores de En Marea. Quen cubrirá ese vacío cando os sectores nacionalistas de En Marea se teñan consumido entre eles?. Por que na histórica asemblea do sábado non estaban outros líderes que, supostamente, apoian o proxecto de En Marea pero que non son nacionalistas?. Por que non acudiu Antón Gómez-Reino, novo dirixente de Podemos Galicia, ou os dirixentes de Esquerda Unida, ou os alcaldes da Coruña e de Ferrol?.

O sector crítico impuxo as súas teses e agora haberá que agardar a decembro para saber quen lidera En Marea. Pero no aire quedan moitas dúbidas, entre elas, dúas fundamentais para entender o que acontece dentro desta formación; o modelo de primarias e o papel de En Marea noutras institucións non galegas como o Congreso, o Senado ou o Parlamento Europeo.

AS NOVAS DIVISIÓNS

Por que houbo consenso en todo entre os críticos e non no modelo de Primarias?. Compostela Aberta era partidarios de listas abertas e candidaturas individuas, fronte ao modelo de listas pechadas de Luís Villares que foi, curiosamente, o que ao final saíu adiante. Unha derrota do sector nacionalista de Martiño Noriega que propiciaron outros sectores que o apoiaron na asemblea, nomeadamente, Podemos e EU. E, por que?. Terá que ver con que estas formacións queren impoñer listas, candidatos ou mesmo líderes nunha negociación que se antolla difícil de cara as vindeiras europeas, ás municipais ou mesmo xa de cara a un anticipo electoral en Madrid?.

E, o segundo punto que pode abrir fendas nese sector crítico. Que modelo de coalición é o que quere En Marea no futuro; o de Compromís, como pide o sector nacionalista, ou o actual que, na práctica, supón ser “unha sucursal de Unidos Podemos en Madrid”?. De feito,  iso foi o que durante a asemblea da fin de semana dixo a deputada Alexadra Fernández ao denunciar públicamente que o grupo de En Marea no Congreso non ten autonomía propia. Un grupo que, ademais, non quixo dar conta do que fai en Madrid porque, oficialmente, “non depende de En Marea”.

E, DE FONDO, AS MUNICIPAIS

E, no futuro máis próximo, as municipais, na que hai unha nova fronte aberta; as candidaturas municipalistas que, por unha banda promove a direción de Luís Villares, vinculadas, precisamente a En Marea, e as candidaturas críticas que lideran Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común. 

Precisamente, esta fronte é a que se antolla máis perigosa para algúns dos principais actores involucrados de cheo na actual situación de En Marea, nomeadamente, Compostela Aberta. Cun candidato socialista consolidado xa en Santiago e apoiado polos medios, Martiño Noriega terá que evitar que estoupe unha revolución interna en En Marea que o salpique directamente a el a poucos meses das municipais. Unha revolución e división da que, a priori, quedarían a salvo os principais actores de Podemos e de EU. E é a aí onde acabaría... ou volvería a comezar... esta crónica dunha morte anunciada. 

Yolanda Díaz, Alexandra Fernández, Antón Gómez Reino e outros deputados. EN MAREA - Archivo
Yolanda Díaz, Alexandra Fernández, Antón Gómez Reino e outros deputados. EN MAREA - Archivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

10 Bernal Calvo Delaciga

Vaia crueldade a deste medio dándolle falsas esperanzas aos trolls do BNG vítimas de Amio no seu vello soño de que todo volva a ser coma antes de 2012. Levo como 20 ou 30 minutos rindo a escachar cos "comentarios" da ilusa parroquia blocalla. XDDDDDDDDDDD Pero de verdade, como poden ser tan inxénuos?? XDDDDDDDDDDD

1 Carmen Lastra

A ti prometéronche colocación como liberado, agora que aprobaron dar uns postos aos lacaios obedientes? Normal logo que defendas ao teu amo español! Grande, es enorme Consumista Dependentista! Todo pola pasta!

2 Bernal Calvo Decomisiones

Si liberadiyo mareil teñen todos moitas ganas de que volvades a ningún sitio. Todos xuntiños abrazándovos agora estades moi ben canto amor se respira. Oé oé oé le ganamos a VIyares oé oé oé. Ui como a podido pasar que perdimos las alcaldiítas del cambiazo

9 Xanc

Resumo: a culpa é da UPG! Manda truco. Foi a UPG a que rachou retrovisores? A que non invito a Villares ao aniversario de Ferrol en Común? A que largou patadas nun Plenario? A que chamou “c.ja de mi.rda” a Carmen Santos? A que fala de Galicia coma región? Quizáis a culpa non sexa sempre da U, non? Porque os que a liaron no Bloque, están agora a liala na Marea. Mágoa que xente válida coma Alexandra ou Villares estean nese avispeiro de velutinas. Está tardando unha plataforma electoral soberanista (chamada Gallaecia por exemplo) con Causa GZ, BNG, CxG e xentes coma Alexandra, Villares, Verao, etc. A aventura con Unidos Podemos fracasou, o Bloque indo só ás Xerais fracasou. Recoñezamos erros e reconstruamos pontes. Plataformas electorais e no día a día cada un que goberne a súa casa, coma fixeron durante anos PNV-EA ou como fai Bildu agora.

1 Carmen Lastra

A aventura con Unidos Podemos fracasou, o Bloque indo só ás Xerais fracasou. Concordo 100%. Para avanzar é preciso destapar aos cómodos coas migallas do negocio partidista a cambio de traicionar ao conxunto do pobo galego. As ratas só se preocupan polo seu bandullo, e a maioría estamos fartos de tapalas. Así de duro, así de certo!

8 Centroeuropeo

Facción nacionalista entrega En Marea a quen nunca creron nela para que non mande outra facción nacionalista. Gómez-Reino, próximo candidato á Xunta porla marca eleitoral (non proxecto nacional) En Marea. E Anova canda Equo oficiando de mini-damas de honor do matrimonio Podemos-EU.

7 Morgana dende o Averno

Díxeno miles de veces aqui e miles de veces me insultastes por dicilo... Ben, a historia no vos absolverá... A ver, a nosa pequerrechiña historia non absolverá a Beiras, porque vós non pasades de nota ao pé dunha paxiniña curta. De todas maneiras, parabéns, porque diso se trataba, non? De acabar co nacionalismo esquerdista e entregalo ao podemismo. Vexo que ata a miña terminoloxía trunfou: podemita. Agora só vos falta o de mareante. Sempre vos calei. A min nunca me enganastes.

1 Bloqueiro bloqueado

Chamándolle "esquerdista" ao teu adorado nacionalismo, si que deches no cravo. Brava Kollona!

6 Alpinista

O natural é que Alexandra e Cerna volten para un anovado BNG plural (sen control militarista da UPG), até con Villares de cabeza de lista. E que os de Podemos e IU regresen á marxinalidade da que nunca sairían na Galiza sen o protagonismo que lles regalou o Beiras (pestilencia nunca agradecida polo PcE). E que os alcaldiños Martiño e Ferreiro, xunto co Antonciño, na mellor tra(d)ición galega, procuren amo ao que servir. Finalmente, o cupletista madrileño pode seguir negando a realidade: o experimento fracasou!!! Foguetes de artificio para gloria do españolismo!!!