Detidas 11 persoas e outras 6 investigadas por descargar material pedófilo de Internet

Entre os domicilios investigados atópanse algúns na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2018 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a once persoas, ás que se suman outra seis en calidade de investigados non detidos, nunha operación contra a tenencia de pornografía infantil con ramificacións en Galicia, segundo informou o Ministerio do Interior.

Operación Policía pornografía infantil. POLICÍA NACIONAL
Operación Policía pornografía infantil. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

A operación culminou coa realización de 18 rexistros domiciliarios simultáneos na Coruña, Álava, Alacante, Barcelona, Castelló, Cuenca, Xirona, León, Madrid, Santander, San Sebastián, Sevilla, Tenerife e Valencia.

A investigación iniciouse por mor dunha denuncia interposta por un cidadán, na que comunicaba que se estaba publicitando pornografía infantil nun grupo dunha plataforma de mensaxería instantánea. Os integrantes deste grupo recibiran imaxes anunciando que nunha data concreta daríase acceso a un link que redirixía a un cartafol, aloxada nunha plataforma de almacenamento virtual, desde onde poderían obter e compartir imaxes de contido pedófilo.

Os investigadores contactaron coa plataforma de almacenamento virtual na que se publicaron ditas imaxes, logrando bloquear un total de 6.000 contas de usuarios a nivel internacional que accederían e copiarían a información deste cartafor virtual.

En España lograron identificar os usuarios dunha serie de contas que nalgún momento accederían ao contido da nube. Un dos arrestados posuía imaxes da filla menor da súa parella captadas sen o seu consentimento. Nos rexistros localizáronse gran cantidade de arquivos con contido pedófilo e interviñéronse multitude de dispositivos electrónicos pendentes de análises.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta