Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2011 | Actualizada ás 14:33
Este sábado constituíronse os gobernos locais saídos das pasadas eleccións do 22M e, como sempre, houbo sorpresas. Finalmente, e tras a intervención das cúpulas do PSdeG e do BNG, non foi posible chegar a un pacto en Cuntis e Fene.
Nestas dúas localidades, a suma da esquerda case era o dobre que a da esquerda pero terán goberno popular. E é que as agrupacións locais do BNG decidiron, nos dous casos, apoiar aos seus candidatos, a pesares de ter menos votos que os socialistas.
Escasa diferencia de votos
Ainda que empataron en número de concelleiros --cinco en Fene e catro en Cuntis- a diferencia foi moi escasa; 89 votos no primeiro caso e 15, no segundo. Por iso, e polas diferencias que houbo nos gobernos municipais bipartitos da pasada lexislatura e dos que se arrastran problemais persoais, os nacionalistas facilitaron co seu voto que haxa novos alcaldes populares.
O mesmo fixo o PSdeG en Moaña xa que un dos seus edís dediu absterse e, facilitar así, a investidura do popular José Fervenza en detrimento do BNG. Os nacionalistas obtiveron sete concelleiros, fronte aos oito dos populares, polo que necesitaban do apoio dos dous edís socialistas. Segundo apuntan fontes do PSdeG "a man de Rafael Louzán" anda polo medio desta operación.
Expulsións
As direccións das dúas formacións evaluarán, agora, as medidas que han de adoptar. Os socialistas xa anunciaron que lle pedirán a acta ao seu concelleiro de Moaña e se se nega, "expulsarano" do partido. Os nacionalistas, e tal e como fixeron en 2007 en Muros ou Porto do Son, iniciarán un expediente que pode rematar coa expulsión dos concelleiros do BNG de Fene e Cuntis. E e que, pese a intervención de Guillerme Vázquez e de membros da Executiva nacionalista, finalmente, os concelleiros destas dúas localidades actuaron en función do que decidiron os militanes nas distintas agrupacións locais.
Onde non houbo sorpresas de última hora foi en Noia e Muros, xa que, finalmente, os nacionalistas apoiaron aos socialistas para que poidan acceder á alcaldía. O mesmo aconteceu cos socialistas en Carnota e Salceda, que acabaron votando a favor da investidura de rexedores do BNG.
Arbo e Betanzos
Pero este sábado tamén trae outras sorpresas, como o pacto acadado a última hora entre os nacionalistas e os independentes para gobernar Arbo, unha das prazas fortes do PP na comarca, ou tamén o acordo ao que chegou o PSdeG e os independentes en Betanzos, para que os primeiros gobernen a vila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.