Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 20:45
Mercedes Martínez Modroño e veciñas e veciños da Teixeira, que non formaron nunca parte da coorporación municipal, sacan adiante un novo grupo político chamado "Unión Veciñal polo Cambio" co que tentarán facerse ca alcaldía coa que o PP conta dende 1995.
A cabeza de lista, Martínez Modroño, quen foi candidata por Podemos Galicia e forma parte do seu Consello de Coordinación, defende que "na política municipal debe darse preferencia ás necesidades e problemas da poboación". "Consideramos que é fundamental no concello á rexenaración democrática e a participación da veciñanza nas decisións municipais", engade.
O concello é un dos afectados pola crise demográfica sendo un dos máis despoboados da provincia de Ourense a pesar de estar situado no centro da Ribeira Sacra e ter unha producción de viños recoñecida internacionalmente.
Por elo, contan cun proceso participativo aberto para a redacción do seu programa xa que consideran que "a xente de Teixeira sabe mellor que a actual corporación o que o concello precisa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.