Neste ano 2024 a idade de xubilación ordinaria retrásase ata os 66 anos e 6 meses para aquelas persoas que teñen menos de 38 anos cotizados, quedando nos 65 para os que teñen 38 ou máis. As previsións do IGE para o 2036 estiman que o grupo poboacional con máis poboación activa será o de 55 a 64 anos, crecendo tamén a poboación activa de 65 ou máis anos.