Denuncian o desleixo da Unión Europea ante a contaminación no río Umia

A Coordinadora Anti-Encoro Río Umia envia un escrito á Comisión de Peticións da UE censurando o seu desleixo.

Por Galicia Confidencial | Caldas de Reis | 17/11/2018 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A Coordinadora Anti-Encoro do Río Umia pide a reapertura do expediente nº79/98 para que as autoridades adopten medidas precisas para recuperar integralmente o río, incluíndo o desmantelamento do encoro. Piden a presenza dunha representación da Comisión de Peticións da UE para veren “in situ” cal é o estado actual do río e a ausencia de medidas de recuperación e rexeneración.

A Coordinadora Anti-Encoro apunta o desinterese e falta de dilixencia por parte da Comisión ademais do “desprezo absoluto das leis por parte das nosas autoridades” cousa que, segundo este grupo, “permitiu que vinte anos despois de presentar unha queixa por infracción da normativa europea esteamos diante dun río ferido de morte”. Sinalan ademais que esta situación afecta aos cidadáns de oito concellos polos que pasa o río Umia.

O río Umia invadido pola cianobacteria
O río Umia invadido pola cianobacteria | Fonte: pescarmona.es

No escrito enviado a  Cecilia Wikström, presidenta da Comisión de Peticións da UE, maniféstase tamén a frustración que supuxo “a apertura do encoro da Baxe, coa excusa que era para traída de auga pero é usado para aproveitamento hidroeléctrico”, sen que interviñesen as autoridades europeas para “evitar o desastre”. Súmaselle a esta queixa a da toxicidade da auga do río na actualidade, cando “na declaración de impacto ambiental de 1996 declaraba a auga do río de boa calidade”. O texto apunta á influencia que pode ter o encoro da Baxe sobre o futuro do marisqueo na Ría de Arousa, “fundamental para a economía da zona.

A todo o dito, a Coordinadora engade a anulación por parte dos tribunais españois do Decreto da Xunta de Galicia sobre a urxencia de ocupación de terras anegadas, que non vía necesidade de subministro de auga para a Comarda do Salnés. Súmanlle a isto que en 2006 expertos da USC descubriron no río cianobacterias que poden afectar seriamente a saúde das persoas. Naquel momento o concello tivo que abastecer con auga en cisterna aos veciños. Logo de teren enviado documentación á Comisión de Peticións da UE, a Coordinadora descubriron que o estudo de impacto ambiental non se realizara, senón que as autoridades europeas recibiran un documento sobre o impacto dun encoro en Andalucía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

e o deleixo dos propios cidadáns galegos polo seu país morto de falta de dignidade ... eso quén o denuncia?